Esta fin de semana si. Esta fin de semana de 7 e 8 de setembro, volven os campos de fútbol a ferver. Practicamente todas as categorías xa están en competición e volvemos disfrutar de tardes de auténtico
Fútbol da Costa.
Se xa estaban a Preferente e os xuvenís en marcha,
esta fin de semana comezan a 1ª e 2ª Autonómica, así como os infantís. Aínda teremos que agardar ata o 29 de setembro para o comezo da 3ª máis curta dos últimos anos, mentres que os cadetes non comezarán ata o 2 de novembro.
A vindeira semana xa comezan os Veteranos, o Dumbría da División de Honra Cadete, e mais os Bergan, Dumbría e XSC da Liga Galega Infantil.
Comezamos o repaso á xornada pola
Preferente, que chega co
primeiro derbi da temporada entre o XSC e o Soneira. Unha cita que servirá para medir o potencial de ambos conxuntos.
E analizamos o comezo desta temporada 2013/2014 nas 1ª e 2ª Autonómica.
5 equipos da Costa parten na 1ª santiaguesa con ansias de manterse. O Malpica que querrá repetir a gran temporada do ano pasado; os Ponteceso e Camariñas que intentarán non sufrir tanto; e os novatos Esteirana e Baio que haberá que ver como se adaptan a categoría.
A campaña comeza con dous equipos debutando en casa, como o Baio e a Esteirana, que recibirán aos tamén recén ascendidos Agolada e Cordeiro respectivamente. Ademais o Camariñas visitará ao Villestro, un dos chamados a estar arriba trala boa campaña do ano pasado; o Malpica visitando a todo un Arzúa; e o Ponteceso ao Bertamiráns B.
Mentres,
na Liga da Costa, teremos moitas incógnitas. Parece que o Fisterra, recén descendido, é un dos favoritos, contando cos Cee (sempre aí) ou
o Corme, que busca dar un paso máis como referente do bo xogo na Liga da Costa. Ademais haberá que ter o ollo posto nas novas propostas do Sofán, do Castriz e do Zas.
Preferente, xornada 3
Carral |
08/09 - 18:30 |
Bergantiños |
Xallas StComba |
08/09 - 18:00 |
Soneira |
Dumbría |
08/09 - 17:30 |
Castro |
1ª Autonómica, xornada 1
Baio |
08/09 - 19:00 |
Agolada |
Villestro |
08/09 - 18:00 |
Camariñas |
Esteirana |
08/09 - 17:00 |
Cordeiro |
Puebla |
2-2 |
Malpica |
Bertamiráns B |
08/09 - 17:00 |
Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 1
Fisterra |
1-1 |
Sofán |
Cabana |
0-1 |
Carnota |
Corcubión |
0-4 |
Outes |
Corme |
2-1 |
Volantes |
Muros |
08/09 - 17:00 |
Porteño |
San Lorenzo |
08/09 - 18:30 |
Camelle |
Cee |
08/09 - 17:00 |
Castriz |
Independiente |
08/09 - 17:00 |
Mazaricos |
Buño |
08/09 - 17:00 |
Zas |
Xuvenil, Gr.3, xornada 2
Mazaricos |
2-4 |
Soneira |
Dumbría |
4-0 |
Outes |
Xallas StComba |
8-0 |
Lira |
Muros |
0-8 |
Esteirana |
Fisterra |
3-0 |
Cee |
Xuvenil, Gr.4, xornada 2
Coristanco |
0-3 |
Ponteceso |
Laxe |
7 - 0 |
Castriz |
Corme |
4-4 |
Porteño |
Camariñas |
2-3 |
Malpica |
Cabana |
9-2 |
Muxía |
Liga Infantil, xornada 1
Outes |
0 - 7 |
Cee |
Ponteceso |
12/09 - 18:00 |
Fisterra |
Coristanco |
08/09 - 10:30 |
Os Miudos |
Corme |
08/09 - 10:30 |
As Baleas |
Baio |
09/09 - 18:00 |
E.M.F. Vimianzo |
Muxía |
08/09 - 10:30 |
Sofán |
Esteirana |
08/09 - 10:30 |
Cabana |
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Artigos relacionados
Fonte