Venres. 26.04.2024
El tiempo

As 10 enmendas que Unión Cidadá propón para os Orzamentos Xerais

As 10 enmendas que Unión Cidadá propón para os Orzamentos Xerais
A Vía de Alta Capacidade Santiago-Costa da Morte faría moito máis doados os 60 km entre a capital galega e Berdoias, onde debería enlazar coa Autovía A Vía de Alta Capacidade Santiago-Costa da Morte, unha petición de UCG, faría moito máis doados os 60 km entre a capital galega e Berdoias, onde debería enlazar coa Autovía Afía as súas queixas Unión Cidadá Galega sobre os Orzamentos Xerais do Goberno Estatal. A semana pasada criticaba o esquecemento do goberno para con Galicia, e hoxe vén de presentar sendos escritos aos deputados do Congreso pola circunscrición da Coruña, para que propoñan enmendas que inclúan dotacións presupuetarias para a Costa da Morte. Unhas enmendas que “axudaría a ter infraestructuras e o inicio a unha reinduatrialización de Cee e o resto de Concellos da Costa da Morte, a través de sendos convenios de cooperación, “xa que este tipo de convenios crean obrigas xurídicas a diferencia dos de colaboración que son meramente declaracións de intencións”. Estas son as enmendas propostas:
  • 1- Rematar a Vía de Alta capacidade ata Fisterra.
  • 2- Creación dun xeriatrico;
  • 3- Construcción de vivenda social para rentas baixas (para aluguer en función dos ingresos para que a xente poda permitirse vivir nunha vivenda digna).
  • 4- A compra de 6 unidades de remolcadores e que 2 teñan como base fixa Cee, pois en Galicia non hai o número suficiente de remolcadores, o que provoca que moitos buques de mercadorías non poidan descargar, embarcar e atracar no porto de Brens por non dispor deses remolcadores que son imprescindibles para garantir o embarque e atraque correcto. Se se logran dous fixos aumentaría o tráfico e o embarque e atraque de buques en Cee coa repercusión económica que iso conleva;
  • 5- Solicitar de novo a oficina de DNI e Pasaporte xa que o concello de Cee semella non facer caso aos 2 requerimentos que lle fixo U.C.G.
  • 6- Programas finalistas para rematar parador de Muxía;
  • 7- Estudo de rede ferroviaria Coruña-Cee ou Santiago-Cee para iniciar esa infraestructura para o transporte de persoas e mercadorias;
  • 8- Vía Alta Capacidade Santiago-Costa da Morte (proxecto presupuestado no seu día pola Xunta e que nunca viu a luz);
  • 9- Plan de desenvolvemento industrial para a Costa da Morte, xa que a Xunta non o realiza a pesar de telo solicitado, o que “indica que tanto o PP coma o PSOE, BNG(por ser estes os que gobernaron Galicia) non se interesaron pola industrialización da comarca e están carentes de ideas para crear riqueza na bisbarra;
  • 10- Creación de parques eólicos de xestión municipal ou consorcios/mancomunidades de concellos da Costa da Morte para revertir eses ingresos na creación de servizos sociais e dotar de novas infraestructuras aos concellos e cidadáns.
 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-costa-da-morte-non-existe-para-os-orzamentos-xerais-do-goberno-central/ https://quepasanacosta.gal/as-5-utiles-propostas-que-union-cidada-esixe-das-administracions/ https://quepasanacosta.gal/victor-somoza-volvera-presentarse-en-cee-por-union-cidada-galega/

Comentarios