Mércores. 09.10.2024
El tiempo

As Anpas preguntan polos comedores escolares da Costa da Morte

As Anpas preguntan polos comedores escolares da Costa da Morte
O comedor do CEIP de Buno necesita melloras Imaxe do comedor do CEIP de Buño

Saltaba a alarma na comunidade escolar a semana pasada con esas novas que nos levaban ata varios colexios da provincia da Coruña onde os profesores tiñan que tirar de pizzerías para cubrir varias partidas de comidas en mal estado. A dimisión dunha empresa de catering malagueña fai que as ANPAS sitúen o asunto en primeira liña de das súas preocupacións.

Así, a Federación de ANPAs da Costa da Morte está recabando datos da situación dos comedores escolares existentes nas nosas comarcas. Hai de dous tipos, o prestado directamente pola administración da Xunta de Galicia e outros por empresas intermediarias, se ben a Federación considera que debe ser a Consellería a que leve directamente a xestión dos comedores, con persoal específico, e que se usen produtos de proximidade.

Recordan dende as ANPAS costeiras que "a educación non é un gasto, é o máis grande investimento que fai unha sociedade".

Caso Hadrián

Así mesmo, as ANPAS Galegas volveron pedir unha entrevista co conselleiro de Educación para tratar de verdade o dereito dun neno á Atención Educativa Domiciliaria, despois do desplante do Conselleiro da pasada semana.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios