Martes. 07.12.2021
El tiempo

As funerarias de Carballo traballan en [email protected] para sempre

As funerarias de Carballo traballan en [email protected] para sempre
Funerarias de Carballo en galego para sempre

Novedosa a campaña de dinamización lingüística do Concello de Carballo. E chega xusto ademais no día propio, pois vén de conseguir o compromiso das funerarios do Concello de ofrecer todos os seus servizos en galego. I é que o galego ten que estar en todos os ámbitos para a súa boa normalización e na nosa bisbarra, a morte é fundamental nunha zona envellecida como a nosa.
Asi, as persoas de Carballo que, igual ca viven, tamén queren morrer en galego e ser lembradas nesa lingua despois da morte.

Xente que quere ser [email protected] para sempre

O acto de presentación tivo lugar onte, martes 30 de outubro, en vésperas dos días de Todos os Santos e de Defuntos, e nel, por iniciativa do Concello de Carballo, unha vintena de persoas a nivel individual e de diversas idades e ámbitos asinaron a declaración “[email protected] para sempre”, na que se recoñece a lingua como factor principal da galeguidade e coa que se quere facer público o desexo de, unha vez chegada a morte, ser [email protected] en galego en posibles actos, funerais, recordatorios, lápidas, necrolóxicas, etc.

«Ofrecer os nosos servizos tamén en galego» ou «preguntarlles ás familias ou a quen corresponda, en cada caso, que lingua queren que se use na lápida, recordatorio, necrolóxica, flores, información, etc.» son algúns dos compromisos que asinaron publicamente as 5 funerarias con presenza en Carballo, e «fomentar o uso do galego en toda a actividade da parroquia» ou «incentivar que todos os fregueses e freguesas vexan o galego na liturxia e en todos os actos relixiosos como algo normal» son tamén algúns dos compromisos que a parroquia de San Xoán Bautista de Carballo fixo públicos.

A campaña

Na actualidade, a presenza da lingua galega despois da morte é moito inferior que na vida. Quen visite un camposanto, por exemplo, pode pensar que a nosa lingua non existe, pois alí a súa presenza é practicamente nula. O mesmo nas necrolóxicas dos xornais, onde o galego non pasa do 1%. Deste xeito, cómpre dar pasos para que, tamén despois da morte, a xente que viviu en galego, tamén poida descansar e ser lembrada na súa lingua.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios