As parcelas dos parques empresariais non pasarán de 40€/m2
          
    23:17 25/11/10 
            
Esta mañá de xoves 25 de novembro de 2010, o Parlamento da Xunta  aprobaba unha iniciativa presentada pola portavoz de Pesca do Grupo  Parlamentario Socialista, Marisol Soneira para incentivar a ocupación  dos que se presumían tan necesarios parques industrais na bisbarra.
A  iniciativa, que foi aprobada por unanimidade, reclama establecer  tódalas medidas políticas que permitan o acceso das empresas, que  desexen instalarse na Costa da Morte, o chan industrial existente nos  polígonos xa construídos e nos que está previsto construír, a un prezo que non supere os 40 euros o metro cadrado. 
Soneira acusou ao Conselleiro de Infraestructuras de apropiarse das rebaixas acometidas desde o Estafo, a través de SEPES.  Medidas que supoñen ata un 25% de bonificación e que son compatibles  coas axudas á reindustrializacion que promove o Ministerio de Industria.
De  igual xeito, lembrou o interese dos colectivos empresariais e sociais  da Costa da Morte, apuntando que teñen "emprendido iniciativas para  acadar un chan industrial asumible para as súas economías, entre outras  mantendo xuntanzas con todas as forzas políticas con representación no  Parlamento de Galicia, coa empresa SEA, coa Xunta de Galicia, con  INFOINVEST, etc".
Por certo, que foi do xeriátrico? Non ía estar en funcionamento a primeira quincena de novembro?