As rúas de Carballo son tomadas polas manifestacións
Só faltan os afectados polo fraude forestal. Este domingo 14 de abril, Carballo convírtese no centro da loita social. A capital de Bergantiños acolle as manifestacións de varias das batallas máis sangrantes dos últimos tempos e levan sacando a rúa á milleiros de persoas.
Por unha banda, a veciñanza vai volver amosar este domingo, como fixo na tractorada da semana pasada, o seu rexeitamento ao proxecto mineiro de Corcoesto. Unha hora antes sairán os Afectados polas Preferentes nunha nova mobilización, demostrando que non cansarán nunca: E por se fora pouca a batalla presentada, a Federación de Anpas da Costa da Morte propón un peche no IES Alfredo Brañas para o luns contra a LOMCE.
Afectados polas Preferentes
Os primeiros en saír á rúa o domingo 14 serán os Afectados polas Preferentes e Subordinadas de Bergantiños e da Costa da Morte. A súa infinita mobilización partirá ás 11:00h de detrás da antiga Estación de Buses e percorrerá, como hoxe, como cada xoves de feira, as 4 oficinas de NGB e mais a de Bancaja, esixindo que lle devolvan os seus aforros.
Fano despois de entregar, este pasado martes, unha entrega masiva deescritos en contra das quitas na oficina principal de NGB da rúa Vázquez Parga, impostas polo goberno. Un escrito que tamén van enviar os afectados de Bankia considerando que a porcentaxe imposta polo goberno é un abuso e un roubo.
Nova manifestación contra a mina de ouro
Volvemos recibir numerosos comunicados de apoio para esta nova manifestación deste domingo 14 de abril dos grupos políticos da oposición como BNG e AGE, de sindicatos como a CIG, ou de entidades conservacionistas como Verdegaia. A manifestación, co lema "Por un aire puro, sen arsénico nin cianuro: Non a mina de Corcoesto”, partirá ás 12 da mañá do 14 de abril do aparcamento do Haley desa localidade.
Dos argumentos xa temos falado en numerosas ocasións, destacando desta volta que se trata dun problema que afecta non só a Corcoesto ou á comarca de Bergantiños, senón que é un problema de toda Galicia, pois entende que "proxecto de Corcoesto é só a punta de lanza dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a chamada veta Malpica-Tui".
O luns, turno contra a LOMCE
Xa enviaroin mesmo un comunicado á Xunta, pero é que a Federación de Anpas da Costa da Morte é nova, pero guerrilleira. Este luns, a FEDANPA únese á serie de peches expansivos contra a LOMCE que se van dar nas vindeiras semanas en toda Galicia.
O peche da Costa da Morte (15 de abril) está centralizado no IES Alfredo Brañas de Carballo. "Debemos convidar a tod@s a participar neste peche. Diante dun ataque sin precedentes na historia da democracia contra o dereito á educación, é necesaria a colaboración entre todas e todos, entre todas as organizacións e persoas que defendan o ensino público para conseguir un mellor futuro para a mocidade. Sen educación, as fillas e fillos do noso País, non teñen posibilidade", explican.
Novas relacionadas
- Os afectados polo fraude forestal e as Preferentes levan a loita ás portas da administración.
- Os tractores tamén din non á mina.
- Os afectados polo fraude forestal e as Preferentes levan a loita ás portas da administración.
- Os alcaldes de Bergantiños tamén se comprometen cos Afectados polas Preferentes.
- Louzán: Quita.
- Os pais e nais da Costa da Morte envían unha carta de preocupación ao Conselleiro ante os orzamentos de educación.
- A Costa da Morte tamén loita contra o copago nos comedores escolares.
- Un ano de fraude forestal en primeira persoa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).