Domingo. 13.10.2024
El tiempo

As Xovencas de Santa Comba bailaron a ritmo de zumba

As Xovencas de Santa Comba bailaron a ritmo de zumba

Dúas eran as actividades máis numerosas da fin de semana en Santa Comba para este remate de entroido. Por un lado, a poxa de Xovencas, que coma sempre congregou unha marea de gandeiros no Recinto Feiral. E polo outro, unha nova sesión de Zumba, con disfraces e todo.

A Poxa de Xovencas

Poxa de Xovencas en Santa Comba-Foto-OMIC

Numerosos gandeiros da comarca do Xallas acodiron ao recinto feiral de Santa Comba na mañá do sábado para acodir á XVI Poxa de Xovencas. E abofé que teñen éxito estas citas, como o comprobamos vendo que houbo un movemento de máis de 50.000€ para os máis de 20 exemplares que se venderon. Máis de unha ducia de ganderías de raza frisona partidiparon nesta Poxa organizada pola Africor.

Finalmente foi a xovenca Alejandra, de Touro, a áis cotizada superando os 3.000€.

Maquillando as xovencas para a Poxa-Foto-OMIC Poxa de Xovencas de Santa Comba

MasterClass de Zumba

Pecharon o entroido a base de Zumba os xalleiros. Primeiro munha trintena de nenos, e depois máis de medio centenar de mulleres pasárono de medo facendo zumab para pechar o entroido nesta nova masterclass que artellaron os membros de Cazatalentos Animación.

Zumba disfrazados en Santa Comba

Máis actividades

E estaremos atentos á actualidade xalleira, pois o vindeiro xoves preséntase a canalización do gas natural, a fin de semana do 21, 22 e 23 tocará Feira de Primavera, e o 29 hai Festa dos Maiores e Autocross.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios