A Asociación Camiño dos Faros cansa e desiste de ser o promotor da homologación da ruta GR
Tiña que chegar. Cansos de pelexar, de traballar, de escoitar queixas e acusacións infundadas, de perder o seu tempo, os trasn@s desisten de seren os promotores da homologación do sendeiro. Así o anuncian, 8 anos despois de crear un dos produtos turísticos máis potentes das últimas décadas da Costa da Morte, este comunicado.
Un comunicado no que a Asociación Camiño dos Faros se amosa rotunda: “desistimos publicamente do noso traballo pola homologación de O Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido GR e nos desvinculamos da figura de promotor, que alguén lle puidese atribuír por intentar durante este tempo darlle unha legalidade e seguridade a esta ruta”.
Unha das experiencia cidadás máis fermosas que levamos vivido na comarca, remata con este triste fin, lamentando a falta de implicación de todas as administracións. Primeiramente os 8 Concellos, cos que houbo que loitar ano tras ano para mantiveran limpo e rozado o seu treito (en todo caso foron as administracións máis implicadas). Despois da Deputación, que hai anos que asegurou que ía apoiar a homologación pero que leva demasiado tempo desaparecida. Tamén á Federación Galega de Montañismo, que nunca tomou o mando. E a Xunta, por suposto, que non moveu un só dedo por conseguir que a ruta se homologue e se manteña viva, sen depender da vontade dun grupo de voluntarios.
Por exemplo, van xa 17 meses dende que se presentou o Documento Ambiental, e a Xunta, que debería ter resposndido en 3 meses, segue esquecendo o asunto.
Foron 5 anos de traballo para conseguir esa homologación, 75 reunións con entidades e administracións nas que os socios da entidade perderon o seu tempo pola comarca,
Por todo iso, desde hoxe 13 de Outubro do 2020, a Asociación O Camiñou dos Faros declara que:
- ”Deixamos de ser os promotores da homologación de O Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido. Non porque non creamos que a ruta cumpre perfectamente os estándares senón porque desistimos de traballar máis para nada.”
- ”Deixamos de facernos cargo de calquera traballo de mantemento ou sinalización. Non podemos insistir en manter limpa ou sinalizada correctamente unha ruta cando son as administracións públicas as que non nos deixan e póñennos trabas.”
- Queremos deixar claro que a asociación non é responsable do camiño e, polo tanto, non se fai cargo de nada do que puidese suceder aos miles de senderistas que cada ano fan este percorrido”.
O que queda
En todo caso, queda aí, unha das mellores rutas de sendeirismo do mundo, avalado por centos de reportaxes de todo o mundo, sendo pioneiros no proxecto Google Trekker, implicando ás comunidades locais, aos centros de ensino da zona, con paquetes preparados para todo tipo de turistas, cunha sinalización bastante aceptable… Queda un tesouro, que agora deberíamos coidar todos.
NOVAS DO CAMIÑO DOS FAROS
- Agosto 2020: O Camiño dos Faros está salvando o verán.
- Xullo 2020: Os trasn@s percorren a bisbarra.
- Xuño 2020: Por que non se homologa o Camiño dos Faros? Os trans@s rebentan contra as administracións.
- Maio 20: Foro: O Camiño dos Faros non só é bonito, é emocionante”.
- Xaneiro 2020: Os trasn@s plántanse e non farán o Camiño dos Faros 2020 en protesta pola falta de apoio das administracións.
- Decembro 2019: O Camiño dos Faros gaña o Premio Galicia ao Turismo Sustentable.
- Novembro 2019: O Camiño dos Faros, Premio Galicia de Turismo 2019 polo seu 7º aniversario.
- Xullo 2019: Os alcaldes da bisbarra esixen a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido, tras 5 anos de trámites.
- Maio 2019: O Camiño dos Faros non ten límites.
- Marzo 2019: O Camiño dos Faros véndese en Francia.
- Decembro 17: A Deputación aproba o financiamento do proxecto de homologación do Camiño dos Faros como GR.
- Xaneiro 2017: A Xunta corrobora o seu compromiso para axudar a homologar o Camiño dos Faros como GR.
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros cumpre 4 anos.
- Novembro 2016: O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market.
- Xuño 2016: Novo compromiso para homologar o Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido.
- Xaneiro 2016: Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google.
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros volve á TVE con Edu Soto.
- Novembro 2015: Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR.
- Decembro 2014: A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Abril 2013: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Febreiro 2013: Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte