Domingo. 28.04.2024
El tiempo

As Asociacións organizan unha nova serie de limpezas para esta fin de semana nas praias da comarca

  • As entidades invitan a acodir á manifestación "En Defensa do Noso Mar" deste domingo en Compostela
Pellets nunha praia de Camarinas
Pellets nunha praia de Camarinas
As Asociacións organizan unha nova serie de limpezas para esta fin de semana nas praias da comarca

Anuncia hoxe a Xunta que o seu operativo xa ten recollido 2.800 kg de microplásticos, acompañados ademais de 6.000 doutros plástivos diversos. Todo a pesar de contar con apenas medio millar de efectivos, (contratados a empresas afíns e esquecendo a posibilidade de contratar entidades especialistas en medioabiente) mentres concellos como o de Muros ou o de Cee, que chegaron a un acordo coa aseguradora da empresa armadora, superan a centena.

Así mesmo, informaba de que o comité científico da comunidade especializado en plásticos constituirase o vindeiro venres e estará formado inicialmente por 17 expertos de 11 entidades entre as que se inclúen as universidades galegas, distintos centros de investigación do medio mariño ou organizacións medioambientais. Se ben Mar de Fábula artella unha sesión na Coruña, son varias as asociacións que organizan limpezas na comarca para a xornada do sábado. Porque o domingo é día de manifestación. 

En Fisterra

O colectivo Narea prepara unha xornada na zona norte da Praia do Rostro para o sábado 20 ás 16:30h.

Limpeza Narea Praia do Rostro-Fisterra pellets

En Cee

Mentres, a sociedade civil segue autoxestionándose, e organizando limpezas. Ademais da que a Fundación Ecomar e Cataventos Escola de Vela organiza este venres na praia da Concha de Cee, hai outras actividades.

En Lariño

ADEGA, por exemplo, prepara unha limpeza de microplásticos na praia de Lariño (Carnota-Muros) para este sábado 20 de xaneiro, nas que te podes inscribir aquí.

En Carballo

O Concello de Carballo promove novas accións de limpeza dos areais coa colaboración do movemento asociativo. Senda Nova e Limpocean coordinarán esta fin de semana as xornadas de voluntariado para a retirada de plásticos das nosas praias.

A primeira desenvolverá campañas de sensibilización os días 19 e 20 na zona de Baldaio. As persoas interesadas en colaborar unicamente deben estar ás 10.15 horas no aparcadoiro das Saíñas para facer a inscrición e poder participar na limpeza. No caso de precisar máis información poden solicitala vía Whatsapp aos teléfonos 611037617, 654887468 ou 662336323.

Pola súa banda, Limpocean traballará co voluntariado o sábado pola tarde, a partir das 15.00 horas, na zona de Razo. As persoas interesadas deben enviar un correo electrónico cos seus datos (nome completo, DNI e teléfono de contacto) a [email protected].

Limpeza praias limpocean

Manifestación

Aproveitan as entidades para animar á veciñanza a acudir á manifestación convocada polo movemento ecoloxista e o sector do mar este domingo, 21 de xaneiro, en Compostela, co obxectivo de denunciar a tardanza e o desleixo das administracións públicas na xestión desta chegada masiva de materiais plásticos á costa galega.

Manifestacion en defensa do Mar

Artigos relacionados

Máis novas

Comentarios