Venres. 26.04.2024
El tiempo

ASPAFIN celebra a súa cea solidaria ante a falta de apoios dos gobernos municipais

Cartel Cena Gala Solidaria Asociacion Pacientes Finisterrae
ASPAFIN celebra a súa cea solidaria ante a falta de apoios dos gobernos municipais

Este sábado 14 de decembro, a Asociación de Pacientes Finisterrae (ASPAFIN) celebra a súa cea solidaria de Nadal. A cita será no Mesón O Galego, e o seu presidente, Juan Fernández, explicará as actuacións da entidade, que loita, entre outras cousas, contra o desmantelamento do Hospital Virxe da Xunqueira.

A entidade aproveita para criticar a falta de apoio do diferentes gobernos municipais dos Concellos de Cee e Carnota, que non apronaron a cesión dun local para asesorar, impartir cursos, compartir experiencias e axudar as persoas que padezan algunha doenza, grao de dependencia ou minusvalía, diversidade funcional e as súas familias.

”A nosa Asociación pertence ó Consello Asesor de Pacientes da area A Coruña e Cee (DOG venres 5 de abril de 2019), coa importancia e influencia que tal circunstancia ten para o Hospital Virxe da Xunqueira e os habitantes da area de A Coruña e Cee. Por tal circunstancia é inverosímil ver que ditos Concellos non participen activamente en colaborar coa nosa asociación en beneficio dos cidadáns”, denuncian.

Comentarios