ATRIFOGA esixe a ampliación do persoal antiincendios ante a falta de compromiso da Xunta


A pasada semana a Cosellería de Medio Rural e a súa Secretaría Xeral Técnica convocada a incorporación ao Servizo Contraincendios dos traballadores fixos discontinuos de 9 meses. Unha mala nova, segundo Darío Vílchez, secretario de ATRIFOGA (Asociación de traballadores de incendios forestais de Galicia,), porque a Xunta esqueceu o compromiso acadara nunha reunión realizada o pasado novembro na que aseguraban que ían buscar solución para os traballadores de 3 meses.
”O único que recibimos foron excusas por parte de Dona Carmen Bouso e ningún achegamento pola súa parte. Namentres uns traballan, ATRIFOGA segue loitando pola vía do diálogo, aínda que a nosa conselleira non parece estar interesada”.
Dende a entidade consideran necesaria a “ampliación do Servizo, tanto para prevención como para extinción, xa que esta se amplía debido ao cambio climático”. En todo caso, aseguran que manteñen aberta a vía do diálogo e confían en que pronto a consellería confirme unha reunión para buscar solucións.
Artigos relacionados
- ATRIFOGA volve denunciar o desmantelamento do Servizo Público contra Incendios co novo despedimento de 25 traballador@s na bisbarra.
- Onde está a orixe da vaga de incendios?.
- Desprofesionalizando o Servizo contra incendios dende o primeiro eslabón da extinción.
- A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros.