Axenda desta última fin de semana de xullo na Costa da Morte

Como cada venres de verán facemos un repaso coas citas máis singulares da #AxendaCostadaMorte para disfrutar da comarca.

 

Mercado medieval de Corcubión

Espectacular programa que trae este renovado Mercado Medieval de Corcubión, que arrinca co Desembarco na tarde do venres no areal do centro da vila (ás 20:30h) e non decaerá ata o domingo á noite.

Festa da Familia de Berdeogas

A fermosa romaría na Carballeira de Berdeogas reune a todas as familias de Dumbría.

 

Festas de San Cristovo de Santa Comba

 

Festas de Carantoña

Xa arrincaron onte pero non paran ata a madrugada do sábado.

 

Festas do Carme de Muxía

Sábado e domingo hai lío en Muxía.

 

Festas de Tella

Por Ponteceso, a parroquia de Ytella volve estar de festas venres, sábado e domingo.

 

Festas de San Fins de Cambeda

A partir do domingo e ata o mércores, a parroquia vimiancesa énchese de festas.

San Fins do Castro

Xa o martes, para abrir agosto, toca berrar co San Fins do Castro de Cabana.

Festas de Eirón

Tamén os días 1 e 2, festas en Eirón, Mazaricos.

Balea FEST

Chega a Malpica este sábado a segunda edición do festival Balea Fest con sesión vermú dende as 13:00h, e música toda a noite.

Bardanca Fest

En clave musiqueira, chega a Carballo o Bardanca Fest con música en directo e picadiscos de renome.

Festa da Praia

A Praia Langosteira encherase de actividades deportivas e música este sábado 29 de xullo.

 

Visita teatralizada no Ecomuseo

O Ecomuseo do Forno do Forte acolle unha visita-representación teatral moi singular este sábado 29.

Ademais, xa que vas por Malpica poderás ver a exposición de Peter Schneider e ver os Títeres Cachirulo o sábado ás 2:30h no marco dos Seráns da Vila.

 

OUTRAS VISITAS

ANDAINA NOCTURNA E DIURNA POR PONTECESO

O ciclo andar na noite permite saídas os venres a primeira hora da mañá e da noite.

 

O CASTELO DE VIMIANZO

Está moi vivo o Castelo de Vimianzo este verán.

 

FARO VILÁN

O único faro da Costa da Morte que está aberto ao público é o Vilán, con exposición permanente sobre a súa historia e outras exposicións culturais

 

AS TORRES DO ALLO

Teñen unha boa visita este verán as Torres do Allo, coas visitas teatralizadasescape room e exposición de Pazos.

Ademais, esta finde hai sesións documentais da man do proxecto MAN.

 

ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NO EU QUERO RAZO-BALDAIO

A contorna natural carballesa acolle unha marea de actividades medioambientais con varias entidades.

 

Visitas no Museo Fernando Blanco

Os venres ás 11:00h podes programar a túa visita guiada polo Museo Fernando Blanco de Cee.

 

Tendes toda a info festexeira en www.axendacostadamorte.com e no álbum das FESTAS DA COSTA DA MORTE 2023.