Mércores. 01.05.2024
El tiempo

A segunda edición do Balea Fest encherá Malpica de boa música

Presentacion Balea Fest Malpica 2023
O concelleiro de Turismo e tenente alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo e a A.C. Campal presentaron onte o cartel
A segunda edición do Balea Fest encherá Malpica de boa música

A estatua da “Balea” foi o mellor escenario para presentar a segunda edición do BALEAFEST, un festival que se vai celebrar o vindeiro sábado 29 de xullo.

Esta segunda edición trae novidades xa que haberá Sesión Vermú. Dende as 13.00 horas actuarán “Os Mecánicos” e ás 15.00 horas será a queda de “Os Revenidos”.
A sesión de noite comezará ás 22.00 horas coa actuación de “Manquiña e os Fabulosos Weekend” e ás 00.00 horas, contaremos coa actuación de “Calle del Ruído”.
No evento tamén colabora a Confraría de Pescadores de Malpica e é totalmente de balde.

Desde o Concello e a asociación Campal animan a todo o mundo a achegarse a gozar da boa música.

Cartel balea fest Malpica 2023

Comentarios