Alalá Teatro volve dar vida ao Ecomuseo do Forno do Forte
Nos primeiros pases, Alalá Teatro executou unha representación tan realista desta visita ficticia que numerosos espectadores tardaron en diferenciar a obra de teatro dunha visita real. Á incomodidade inicial transformouse en diversión cando xa foi evidente que estábamos a ver unha representación teatral moi realista
A obra representa a visita dunha rapaza peculiar (Lola) que durante o itinerario polo Ecomuseo Forno do Forte vai romper coa tranquilidade do guía do museo (Carlos) e representa con tal fidelidade o seu papel que probablemente tamén xere inquietude en máis dun espectador.
Lola vai cambiando de vestiario a medida que narra as vivencias que ten escritas nun caderno, que segundo ela, levan escribindo dende o principio dos tempos os seus antepasados. Estas vivencias nos levarán nunha viaxe no tempo. Carlos ve constantemente interrompida a súa exposición e non acaba de crer o que Lola lle conta.
Ao principio había barro é un xeito de coñecer mellor a historia local permitindo aos visitantes introducirse na historia que conta a exposición e as vivendas do Forno do Forte por medio da teatralización.
Ademais deste terceiro pase, representarase tamén os sábados 12 e 26 de agosto, sempre no mesmo horario de 12:00 h a 13:00 h