Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: aquí as propostas!

Aquí vos deixamos o resumo das citas culturais que conforman a #AxendaCostadaMorte da fin de semana do 8, 9 e 10 de marzo. Unha axenda que vén marcada pola chea de citas do Día da Muller Traballadora pero, tamén, polos actos da recta final do Entroido.

2019-03-07
A Mikaela de Buño é un dos pratos fortes do Entroido en Malpica
Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: aquí as propostas!

PARTE DE METEOGALICIA: CEOS CUBERTOS E CHUVIAS FEBLES

Meteogalicia avísanos que para o venres estaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos do oeste-sudoeste que achegarán unha masa de aire húmido. Así, agárdanse ceos moi anubrados ou cubertos, con chuvias febles máis probables canto máis ó oeste de Galicia e nas zonas altas. Xa para o sábado, a situación non cambiará moito, e permaneceremos nunha situación intermedia entre o anticiclón das Azores e un centro de baixas presións situado ó sudoeste de Irlanda. Polo tanto, será un día de ceos parcialmente cubertos con algunhas chuvias febles máis probables polo noroeste, con apertura de claros na metade leste do territorio ao longo do día. O domingo, persisten os ventos do sudoeste que aportarán moita humidade, o que dará lugar a un día de ceos cubertos, con chuvias máis probables na metade norte. 

Venres 8 de marzo

-Concentracións do 8M

-Cata de Viño en Laxe.

Sábado 9 de marzo

-Festa de Entroido en Baíñas, Vimianzo

-Enterro da Sardiña en Camariñas

-Festa do Bolo do Pote en Mazaricos

-Sábado de Piñata no Entroido de Cee

-Enterro da Mikaela de Buño, Malpica

-Enterro do Percebe en Muxía

Domingo 10 de marzo

-Xornada SéMenteVoando, en Lires (Cee)

-Domingo de Entroido en Dumbría

-Enterro de Faustino e desfile de Madamitos e Ghuadineros en Malpica

-Enterro do Caietano no Entroido de Laxe

EXPOSICIÓNS

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A tenda turística Stoupa acolle a exposición 'Voantes' da ilustradora carballesa Laura Tova.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios