Venres. 15.11.2019
El tiempo

8 DE MARZO

8M: Un Día da Muller de folga, concentracións e numerosas actividades de igualdade

8M: Un Día da Muller de folga, concentracións e numerosas actividades de igualdade

Xa limos o Manifesto das Mulleres da Buserana, o conxuro polo empoderamento da muller de Viki Rivadulla, ou os artigos en clave de igualdade de Marisol Soneira e en clave de folga de Fátima Rodríguez.

Achégase o Día da Muller, e a Costa da Morte será un verdadeiro fervedoiro de actividade. Cee, Carballo e Camariñas perfílanse como centros neurálxicos para a cita feminista, pero aproveitamos para facer un completo repaso de todas as citas.

Ademais, a folga terá, de seguro, máis incidencia que nunca, loitando por todos eses avances que aínda quedan por dar, sen dar un só paso atrás.

A praza 8 de marzo, epicentro

Folga Feminista na Costa da Morte

Cee será, coma sempre, un dos epicentros desta loita. De feito, vén de formar a Plataforma 8 M da Costa da Morte, integrada pola Organización feminista Buserana, o sindicato CIG, a ANPA do ies Agra de Raíces, a ANPA do ies Fernando Blanco, as Asociacións Pedras miúdas, Cantareiras, Fumes do cal, o Club ciclista de Cee, e varias mulleres a título individual.

A entidade anima a todo o mundo a secundar a folga laboral,, de coidados e de consumo convocada para ese día. E por suposto convoca a toda a veciñanza á manifestación d venres día 8 de marzo, na Praza 8 de marzo, ás 12.30 horas baixo o lema "Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista”.

Xusto antes, ás 11:45, terá lugar a concentración municipal, convocada polo CIM. Ademais das das actividades escolares e do apoio do pleno á folga feminista, o CIM, en colaboración co Centro Social prepara o V Almorzo - Tertulia, a partir das 10:00h do propio 8 de marzo, e con Eva Senlle Buiturón, Policía Local de Cee.

Marcha comarcal en Camariñas

8 de marzo camarinas

Camariñas perfíllase como a Manifestación comarcal a favor da igualdade para a tarde do venres. A saída da marcha será ás 19:00 horas da Estatua da Muller e estará encabezada por unha pancarta na que se poderá ler o slogan ‘A igualdade é unha necesidade’. O percorrido da manifestación pasará polo paseo marítimo e a Estatua do Carme para volver outra vez ata a Estatua da Muller.

A cada asistente se lle regalará unha camiseta morada co slogan da manifestación.

Manifestación co Círculo Feminista de Carballo

Polo norte da bisbarra será Carballo o outro epicentro comarcal. O venres 8 de marzo, terá lugar a manifestación convocada polo Círculo Feminista de Carballo con motivo do Día da Muller Traballadora. A manifestación partirá dende os Xulgados de Carballo ás 20:00h e rematará na Praza do Concello, onde terá lugar a lectura do manifesto.

A convocatoria ten como obxectivo aproximar o movemento feminista á vila carballesa e amosar que a loita feminista ten aínda moito polo que pelexar. Piden, iso si, que só haia simboloxía feminista (e nada de partidos ou sindicatos).

Por parte municipal, o Centro de Información á Muller e a Biblioteca Rego da Balsa preparan para o xoves 7, a partir das 19:00h un faladoiro Feministas e artistas, unha nova proposta das Xornadas Guerrilleiras que nos propón cada ano por estas datas a biblioteca. Ademais, 18 de marzo de 10.00 a 14.00 horas desenvolverase no Pazo da Cultura un novo e interesante obradoiro, nesta ocasión sobre Confianza e seguridade das mulleres na rede, que vai dirixido a mulleres con coñecementos de informática a nivel usuaria.

Folga e Concentración en Vimianzo

53196710_2201185723253902_7203989744122855424_o

O Concello de Vimianzo solidarízase coas reivindicacións das mulleres e apoia a Folga feminista deste 8 de marzo. O 100% das súas empregadas secunda a dita folga, e convoca a unha concentración ás 20:30h diante do Concello.

De Santiago a Mazaricos

Dia da Muller en Mazaricos

Mazaricos, como non podería ser doutro xeito, súmase aos actos do Día da Muller. Faino facilitando a participación na manifestación nacional que se celebrará en Santiago de Compostela, fletando buses que sairán ás 19:00 da Picota e ás 19:10h do Pino do Val.

Pero ademais, o sábado 9 celebra unha completa mañá baixo o lema “Mulleres, aí estamos”. A cita arrincará ás 11:30h na Casa da Cultura, e será presentada por Tania Fuegho, que dará paso ás mulleres máis influíntes do día a día mazaricán. Un xeito de poñer en valor ás mulleres rurais, pois sen elas non sería posible o tecido produtivo agrogandeiro nin a conservación das tradicións.

O alcalde sinalou que "as asociacións do concello que interveñen no acto son fundamentais: a asociación cultural de Antes recuperou a tradición da manufactura dos sancosmeiros, as amas de casa o bolo do pote e eu son mazaricos dinamiza a vida cultural do Concello cos nenos e nenas. Sen a tarefa, moitas veces invisible e pouco valorada das mulleres, o rural non existiría”.

Móllate en Laxe

8 de marzo Laxe

Este venres 8 de marzo, o Concello de Laxe vai realizar un acto reivindicativo que estará cargado de simbolismo con isto de "mollarse" no que ademais da lectura dun manifesto que contará coa participación cidadá coa implicación do alumnado dos nosos centros escolares.

A cita ás 11:00h ao carón do peirao pequeno de Laxe.

Muro da igualdade en Muxía

8 DE MARZO Muxia copia

O xoves 7 será un día importante e pola mañá terá lugar un taller de igualdade polos coles impartido por Soledad Agra, Psicóloga do CIM de Muxía. Tamén se abrirá o Muro da Igualdade, na porta do Concello no que a veciñanza poderá poñer o seu post-it indicando “como mellorarías a igualdade no noso concello?”.

Haberá tamén un Obradoiro de Seguridade Vial con perspectiva de xénero, e un Contacontos “Utopía” con Atenea García (o sábado 9 ás 17:30 na Biblioteca), así como un Obradoiro impartido por Carme Adán sobre o libro: “Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”, xa en maio.

Documental e coloquio en Ponteceso

8 de marzo ponteceso DIA DA MULLER

Ponteceso conmemorará o Día da Muller coa proxección dun documental e un debate-coloquio protagonizados por traballadoras de mediados do século XX. A Biblioteca Municipal co lema “Dálle a volta” acollerá esta cita a partir das 19:30. O documental "Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras", dirixido por Marina Chiavegatto, recolle o testemuño dalgunhas das centos de mulleres que traballaban na fábrica Hilados y Tejidos de Vilasantar (Lugo).

A continuación dará comezo un debate-coloquio no que participarán un grupo de mulleres que desenvolveron a súa actividade profesional da década dos 40 ao 60 traballando na antiga mina e como cociñeiras no colexio Eduardo Pondal de Ponteceso. Arredor das 21:00 horas, os/as asistentes poderán desfrutar dun aperitivo mentres intercambian impresións sobre a xornada.

Antes, o xoves 7 cunha haberá unha proposta escénica dirixida ao público familiar que nos achegará a contadora de contos Celtia Figueiras a través do espectáculo Ula Lúa?. As Xornadas tamén viaxarán ata o IES Eduardo Pondal de Ponteceso, cun encontro entre os/as estudantes do centro e a xornalista e escritora mallorquina Roser Amills. Será o venres 15, a partir das 13:00 horas.
O venres 22 será a actriz e contadora Raquel Queizás quen achegue aos máis pequenos/as os contos pola igualdade a través do espectáculo “Somos iguais”.

8M en Muros

O xoves 7, venres 8 e sábado 23 de marzo serán días completos en Muros arredor da Muller, da man do CIM. Xornadas de Arte, de literatura, de andaina, de graffiti, con concentración, o venres ás 12:00h na praza do Concello incluída.

8 de marzo dia muller muros

Artigos 8M

Novas do 8 de marzo

Máis novas

Comentarios