Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: estas son as propostas!

Un venres máis, aquí vos deixamos o resumo das citas culturais que conforman a #AxendaCostadaMorte da primeira fin de semana de abril.

MJ Perez xa estivo no Curruncho Pop de Carballo
MJ Perez dará un concerto normalizador en Ponteceso.
Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: estas son as propostas!

PARTE DE METEOGALICIA: CHUVASCOS E AIRE FRÍO

Meteogalicia avísanos que o venres Galicia continuará baixo a influencia das borrascas atlánticas e con aire frío nas capas altas da atmosfera, o que nos traerá unha xornada de inestabilidade con chuvascos, máis frecuentes e intensos canto máis ó oeste, ocasionalmente acompañados de sarabia e treboadas. O sábado, un centro de baixas presións situarase sobre a nosa comunidade. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos probables en calquera punto de Galicia, acompañados de sarabia e aparato eléctrico. Xa o domingo, seguiremos baixo a influencia das baixas presións que enviarán unha fronte na segunda metade da xornada. Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos e a partir do mediodía os ceos iranse cubrindo de sur a norte, con chuvias que ao final da tarde chegarán a toda a Comunidade.

VI Carballo Interplay: Do 4 ao 6 de abril

Sábado 6 de abril

-Exposición ‘Corme. Territorio Sobre Natural’.

-Festival de Primavera en Santa Comba.

-Festa da Xuventude no barrio de San Cristovo, en Carballo.

-Concerto de MJ Perez en Ponteceso.

-Andaina Coñece a Costa da Morte por Muxía.

-Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia infantil en Vimianzo.

-Concerto de Juego Sucio en Vimianzo.

-Proxección de Sicixia en Malpica.

-IV Mostra de Teatro Afeccionado de Zas.

Domingo 7 de abril

-Aberto de billarda en Laxe.

-Presentación da campaña promocional 'Eu Son Camariñas'.

-Andaina Coñece o teu Concello por Santa Comba.

-Ruta de Primavera con Senda  Nova polo Anllóns.

EXPOSICIÓNS

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A tenda turística Stoupa acolle a exposición 'Voantes' da ilustradora carballesa Laura Tova.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios