Domingo. 25.08.2019
El tiempo

#AxendaCostadaMorte para a fin de semana: aquí as propostas!

#AxendaCostadaMorte para a fin de semana: aquí as propostas!

Parte de Meteogalicia

Para o venres agárdase unha xornada na que o anticiclón se irá afastando e a circulación será do oeste. Esta situación deixará un día de ceos despexados no interior, con intervalos de nubes baixas no litoral atlántico. Xa pola noite haberá un aumento de nubes, mesmo con orballos illados no litoral atlántico. O sábado, unha fronte fría irase achegando a Galicia. Con esta situación, agárdanse ceos con máis nubes canto máis ó oeste, onde mesmo haberá posibilidade de chuvias. Xa pola noite a fronte irá afectando progresivamente ó resto de Galicia, deixando chuvias xeneralizadas, aínda que máis intermitentes no sueste. Xa o domingo, a fronte retírase a primeira hora polo sueste de Galicia e quedaremos en transición cara a influencia das altas presións. Así, agardamos unha mañá de ceos anubrados con chuvias máis intensas y frecuentes ao sueste. Pola tarde, os ceos tenderán a abrir claros quedando máis despexados na franxa atlántica. 

Festas de Laxe

Hoxe, noite de verbena coa Orquestra Pontevedra e Disco Móvil Impacto. Mañá. sábado 17, a partir das 13.00 horas, naufraxio e procesión marítima declarado de Interese Turístico. Pola noite, verbena con Gran Casino e Disco Móvil Impacto.

Festas da Xunqueira de Cee

Son unhas das festas máis agardadas da comarca. Hoxe, sesión vermú e verbena coa orquestra Trébol, ademais da actuación estelar de Dr.Queen. Para mañá sábado, festival e obradoiros de cinema para os cativos co Festivaliño on the road.

VII Mercado Medieval Mariñeiro e Festa Galega en Malpica

Esta fin de semana a música tradicional galega volverá a inundar as rúas de Malpica, porque volve a Festa Galega para celebrar o seu 12º aniversario cun cartel de auténtico luxo. O ambiente festivo complétase coa Feira Medieval Mariñeira, que este ano vén repleta de actividades.

XIX Festa Folk na Fin do Camiño

Cartel de luxo con grupos consagrados, queimada, degustación de productos da tierra e animación infantil completan o cartel da cita, que se celebrará este sábado.

Outras citas singulares

EXPOSICIÓNS

  • Durante o mes de agosto a Liresca acolle unha exposición de arte crebeira de Mar de Fábula.
  • Faro Vilán acolle a exposición do artista alemán afincado en Malpica Peter Kramer.
  • Casa das Peritas volve abrir durante o verán a súa singular exposición en Mallas, Fisterra. A exposición poderá visitarse os sábados e domingos entre o 13 de xullo ao 31 de agosto en horario ininterrumpido de 12:00h a 21:00h
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición #36MesesStoupando para celebar o seu 3º aniversario, ata principios de setembro de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios