Martes. 19.11.2019
El tiempo

Ponteceso convertirase nun centro artístico ao aire libre co Certame de Pintura Álvarez de Sotomayor

Será este sábado, e xa son 61 os/as artistas anotados/as e continúa aberto o prazo de preinscrición
Ponteceso convertirase nun centro artístico ao aire libre co Certame de Pintura Álvarez de Sotomayor

Ponteceso converterase o sábado 17 nun gran centro artístico ao aire libre, porque celebra a quinta edición do Certame Internacional de Pintura Fernando Álvarez de Sotomayor no que xa hai 61 pintores/as anotados/as, segundo informou a concelleira de Cultura, Ana Pérez Imia. O prazo de preinscrición continúa aberto no correo electrónico [email protected], aínda que as inscricións definitivas realizaranse o propio día 17 no Centro Cultural Xosé Neira Vilas.

Este será tamén o punto de encontro dos/as participantes. As inscricións realizaranse de 09.00 a 11.00 horas, e a partir das 12.00 desenvolverase un completo programa de actividades paralelas. Comezaremos na Trabe e Ponteceso coa “paleta de sabores” que nos ofrecerán os establecementos de hostalaría colaboradores de 13.00 a 14.30 horas, xunto coa animación musical “Xa era hora”.

O Recheo acollerá as actividades da tarde.

  • De 17.00 a 19.00 horas “De colores”. Pintura infantil.
  • Ás 19.00. Danza tradicional con Inllar.
  • Ás 20.00. Entrega de premios.
  • De 20.00 a 22.00 horas, animación nos bares con Os Farrapos, Parrillas e sabores e exposición e venda de cadros non premiados.
  • Ás 22 horas. Solpor musical en A Eira e O Cruce. 

O Certame Internacional de Pintura Fernando Álvarez de Sotomayor celebra a súa quinta edición cun tope de 100 participantes e importantes premios: o primeiro, dotado con 3.000 euros; o segundo, 1.500; o terceiro; 1.000; o cuarto, 600; o quinto, 500, e do sexto ao duodécimo, 400 euros.

Comentarios