O Batallón Literario presenta o seu DVD 25 anos despois
25 anos despois do seu nacemento, o Batallón Literario da Costa da Morte vai estrear un DVD que recompila a obra de máis de 40 poetas da comarca. A cita de presentación será o mércores 5 de outubro as 19h no Museo do Pobo Galego, dada a trascendencia atlántica deste evento que quere poñer en valor o cuarto de século de vida deste colectivo que revolucionou a maneira de entender e divulgar a poesía neste curruncho de Galicia.
No DVD están poetas que comezaron naqueles intensos anos 90, como Concha Blanco, Alexandre Nerium, Fernando Cabeza Quiles, María Lado, Domingo Tabuyo, Xosé María Lema, Rosa Méndez, Estevo Creus, Rafa Vilar, Manuel Vilar, Xosé Iglesias, Xosé H. Rivadulla Corcón, Modesto Fraga, Paco de Tano, Miro Villar, María Canosa, Moncho Bouzas, David Creus Andrade, Sesé Canitrot, Rafael Lema, Miguel Anxo Fernán Vello, Xoán Alberte Moure, Diana Varela, Xavier Seoane, Xosé Manuel Lobato, Roberto Traba Velay, Eduardo Toba, Rocío Blanco, Xesús Bermúdez, Marilar Aleixandre, Xosé Antonio Andrade, Branca Vilela, Chisco Fernández Naval, Luís Lamela García, Rafael Mouzo, Serxio Iglesias, Mónica Goñez e Manoele de Felisa. Pero tamén estarán algunhas novas voces que se criaron directamente con aqueles versos como Rosalía Fernández Rial, Rocío Leira, Natalia Lema ou Ainhoa Conde.
O proxecto nacía no Hotel Bela Fisterra e nas redes sociais (están todos os vídeos , e gracias á coordinación do fisterrán Modesto Fraga, conseguiu xuntar vídeos de entre 2 e 5 minutos de tod@s est@s poetas.
O elaboración do dvd foi obra de Teiga Studio, a empresa de Deseño máis laureada de Galicia, con máis de 250 premios (máis de 200 internacionais). Conta este dvd, de edición limitada, cun código QR para poder descargar o documental.
Durante o evento, no que se reproducirá un breve fragmento do documental, intervirán Manuel Vilar, director do MPG, Pepe Formoso, precursor do proxecto, Modesto Fraga, Poeta e coordinador, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística e pechará o acto Manoele de Felisa que interpretará Feros Corvos.
Os vídeos fóronse emitindo nas redes sociais de Bela Fisterra.
Novas do Batallón
- Setembro 22: Os Feros Corvos do Batallón Literario volven en forma de Antoloxía.
- 0
- Decembro 21: O Batallón Literario celebrou entre versos o seu 25 aniversario.
- 2020: O Batallón Literario da Costa da Morte reactívase, 24 anos despois, dende a fin da terra .
- Miro Villar: Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte.
- Miro Villar: A vinte anos da antoloxía “mar por medio”, unha ponte entre poetas cubanos de Holguín e poetas da Costa da Morte.
- Álex López: 21 anos de Arre Sentelha e do Batallón Literario da Costa da Morte.
- 2012: O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.