xoves. 17.04.2025
El tiempo

Bergantiños demostra o seu poderío retranqueiro nos premios Enreguéifate

Regueifa de Razo
Os Pequeregueifeiros de Razo levaron un dos premios escolares
Bergantiños demostra o seu poderío retranqueiro nos premios Enreguéifate

Demostrou a comarca de Bergantiños a súa potencia en materia de regueifa, acadando 5 dos 15 galardóns dos Premios Enreguéifate 2025. Foron un total de 96 vídeos os recibidos de participantes procedentes de máis dunha vintena de concellos galegos. Unha cifra de récord que confirma a boa saúde da regueifa e da improvisación oral.

Como en edicións anteriores, o certame impulsado polos servizos de normalización dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo contou con dúas categorías: unha xeral e outra escolar. Nesta ocasión, eran oito os premios a repartir en cada unha delas e os pequenos e os non tanto da comarca de Bergantiños, demostraron a súa categoría e bo facer á ritmo da regueifa, gracias a mestres como Josiño da Teixeira e Lupe Blanco.

O xurado estivo composto por Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; Bea Vilaverde, técnica do Departamento de Lingua do Concello de Santiago de Compostela; e Lucía Ferro, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames. 

Estes son os vídeos gañadores, que poden verse tamén na web do certame:

Categoría xeral

  • Regueifa máis brava: Paco Felípez e Oscar García, "Veciños ben levados" (Carballo e Malpica):

Categoría escolar 

  • Regueifa mellor falada: A cuarta revolta, "Continuemos co legado" (CPI As Revoltas, Cabana de Bergantiños).

  • Regueifa máis aguda: 6º B Quiroga Palacios, "Regueifa do banquete" (CEIP. P. Cardeal Quiroga Palacios, Santiago de Compostela).

  • Regueifa máis diversa: Regueifeiras do Rosalía, "Regueifa pola diversidade" (IES Plurilingüe Rosalía de Castro, Santiago de Compostela).

  • Regueifa máis reivindicativa: Regueifeiras do Camballón, "Altri non! Mina non!" (IES Marco do Camballón, Vila de Cruces.

  • Regueifa mellor cantada: Regueifeiras de Dodro, "Emoción ou razón?" (CPI Eusebio Lorenzo Baleirón Tarrío, Dodro)

  • Regueifa máis inclusiva: Radio Regueifa Inclusiva, "Somos diferentes, somos referentes" (IES do Milladoiro / CEE Manuel Navalón, Ames e Santiago de Compostela).

  • Regueifa máis entroideira: As Entroideiras, "O Entroido galego" (CEIP San Martiño, Pontevedra).

 

Gala Enreguéifate - Regueibertso

O 19 de maio, ás 11:30 horas, terá lugar a entrega de premios nunha gala no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O evento será ademais unha celebración conxunta co Regueibertso, un programa apoiado pola Deputación da Coruña que procura a sensibilización lingüística e a difusión da regueifa e o bertsolarismo entre a xente nova.

Máis novas

Comentarios