Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Bergantiños tamén quere millo corvo

Bergantiños tamén quere millo corvo

Xa sabemos que o Millo Corvo de Bueu é un dos 3 sabores da Arca do Gusto da Slow Food, xunto co Porco Celta e a Centola de Lira. Pois en breve poderemos incluir o Millo Cofrvo de Bergantiños, unha vez que o GDR bergantiñán, que segue na procura de novas sementes. Procurar e recuperar como vén de facer coa A Pataca fina de Carballo.

A pasada semana o GDR Bergantiños asinaba un acordo de colaboración e realizou a entrega de sementes de millo negro da variedade denominada “Carballeira” á entidade EFA Fonteboa para poñer en marcha un campo experimental deste cultivo.

O material que se entregou á EFA foi facilitado ao Grupo pola “Misión Biológica de Galicia” de forma desinteresada no marco do proxecto “Nuevos Horizontes”. Esta entidade é un centro do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) adscrito á área de Ciencias Agrarias e ocúpase, ademais doutros aspectos, de estudar a conservación, mellora e resistencia a estreses relacionados co millo corvo, branco, amarelo e doce. Debido ao interese que o Grupo mostrou no cultivo do “millo corvo” dende que se iniciou a participación neste proxecto de cooperación, considerouse a posibilidade de entablar conversacións coa MBG. Así o pasado día 6 de maio o Xerente do GDR xunto con técnicos doutros Grupos participantes no proxecto, mantiveron unha reunión con representantes da Misión Biolóxica de Galicia na que, entre outras cousas, se falou da posibilidade de colaboración desta entidade cos GDRs cedendo material fitoxenético dispoñible para a realización de campos de ensaio nos distintos territorios.

Desta xuntanza xurdiu a colaboración da MBG con Bergantiños coa cesión de 250 gramos de Millo Negro (variedade Carballeira), que foi o que se entregou á EFA Fonteboa para desenvolver o campo experimental. O principal obxectivo deste ensaio van a ser estudar as condicións produtivas desta variedade de millo e as súas posibles aplicacións e interese dos produtores, así como empresas transformadoras da comarca, para diversificar a súa produción. Dicir que a variedade denominada “Millo Corvo” no ano 2006 foi distinguida oficialmente dentro do catálogo internacional da Arca do Gusto de Slow Food. Os obxectivos da Arca do Gusto consisten en recuperar, catalogar, delimitar, promocionar e protexer produtos autóctonos de excelencia gastronómica, preservando o medioambiente e a biodiversidade en todo o mundo.

Novos horizontes

Por outra banda, o pasado venres 13 de maio, celebrouse no Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa a 1ª reunión entre os produtores da Comarca Bergantiñá asociados ao proxecto “Nuevos Horizontes” e os técnicos do GDR Bergantiños.

Esta xuntanza celebrouse co obxecto de estudar a evolución dos campos experimentais desenvoltos ao abeiro do proxecto e establecer as pautas de seguemento. Para iso entregóuselles a todos os produtores un cadro de control da evolución dos cultivos onde recollerán os datos correspondentes á época e labor realizados, tratamentos, pragas, produción e posibles incidencias nos campos.

Son oito os produtores adheridos ao convenio de colaboración co GDR Bergantiños dentro deste proxecto e participan en diferentes campos de ensaio: pementos de Arnoia, Oimbra e Punxín, tomate negro de Santiago, cebola de Vilagarcía e pataca fina de Carballo.

Ao final da xuntanza os asistentes visitaron, in situ, a parcela experimental da EFA Fonteboa onde se desenvolven os cultivos de pementos, tomate negro e cebola de Vilagarcía.

Nesta 1ª anualidade o principal obxectivo é a reproducción de sementes para distribuír nas seguintes anualidades e incrementar, tanto o número de produtores asociados, como os campos experimentais.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios