Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Pataca fina de Carballo sobrevive co Proxecto "Novos Horizontes"

A Pataca fina de Carballo sobrevive co Proxecto "Novos Horizontes"

O pasado luns día 2 de maio tivo lugar o acto de sinatura de acordo de colaboración e entrega de material fitoxenético, é dicir, sementes, de “Pataca Fina de Carballo” a dous produtores locais. A idea é que poidan asumir a reprodución no marco doproxecto de cooperación “Nuevos Horizontes” no que participa este GDR-Costa da Morte.

Esta colaboración ten como obxecto nesta anualidade o desenvolvemento de campos para a multiplicación do material co que contamos actualmente (40 kilos de Pataca Fina de Carballo).

Na vindeira anualidade co material reproducido, preténdese distribuir a pataca fina entre máis produtores interesados en desenvolver e recuperar este cultivo tradicional na zona. A EFA Fonteboa participará tamén neste acordo de colaboración como entidade de apoio ao GDR para o control, recepción, conservación e distribución na vindeira anualidade do material fitoxenético da Pataca Fina.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • GDR Costa da Morte.

Comentarios