Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Un berro de solidariedade ante a inxustificable vaga de lumes

Incendio en Baio
Incendio en Baio
Un berro de solidariedade ante a inxustificable vaga de lumes

Galicia volve tremer este mes de marzo ante o lume. E a Costa da Morte, unha vez máis, non é allea a esta enfermidade social. O martes sufríamos tres incendios en Baio, Vimianzo e Fisterra e a índa esta pasada noite de mércores 27 de marzo rexistrábase un novo incendio en Muxía, nas Caldeiras do Castro.

Ante esta situación, a Asociación e Comunidade eco-social e cultural Boca de Sapo de Corcubión que enviar este escrito de solidariedade e apoio sabendo que un máis vale como di Gioconda Belli "La solidaridad es la ternura de los pueblos”.

En clave de solidariedade

A Asociación Boca de Sapo (Comunidade eco-social e cultural) quere expresar a súa solidariedade e o seu apoio aos Concellos afectados (Vimianzo, Zas, Fisterra, Muxía, Dodro e Rianxo) por esta “inexplicábel“ vaga de incendios que están a sufrir estes días.

A súa vez queremos reivindicar que os poderes públicos competentes elaboren xa e con carácter urxente: Políticas reais e alternativas en prevención de incendios. Políticas económicas alternativas e de desenvolvemento sostíbel para o rural. Frear e acoutar o monocultivo de especies como o eucalipto que fan dos nosos montes verdadeiros polvoríns en potencia.

Dende Boca de Sapo seguiremos a traballar para contribuír a ofrecer outros xeitos de mirar e traballar o noso monte dende perspectivas de igualdade, culturais e de alternativas económicas e sociais.

  • Asociación Boca de Sapo (Comunidade eco-social e cultural).

 

Novas relacionadas

Comentarios