Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ana Miranda pide que non se obrigue a colocar cámaras nas embarcacións de pesca artesanal

Delegacion da pesca artesanal galega e da Costa da Morte con Ana Miranda no Parlamento Europeo
Delegacion da pesca artesanal galega e da Costa da Morte con Ana Miranda no Parlamento Europeo
Ana Miranda pide que non se obrigue a colocar cámaras nas embarcacións de pesca artesanal

Continúa a eurodeputada do BNG Ana Miranda prantando cara ao Europarlamento ante o esquecemento á pesca artesanal na creación do Regulamento do Control de Pesca. Despois de levar una expedición galega de pesca artesanal a Bruxelas e ter formulado en outubro unha batería de enmendas, Miranda oponse a varias das medias que pretende instalar Bruxelas nos barcos galegos.

O BNG reixeta, por exemplo, a colocación de cámaras nas pequenas embarcacións. “A instalación de cámaras nas embarcacións de baixura para vixiar o cumprimento do regulamento que prohibe os descartes conta cunha evidente falta de consenso no sector a respecto da posta en marcha desta iniciativa”, sinala Ana Miranda. Ademais a eurodeputada galega advirte da dificultade de aplicar o control en pesquerías multiespecíficas.

Pide que se simplifiquen, non que se compliquen os trámites burocráticos. “Están para pescar e facer o seu traballo, e non para ser xestores administrativo”.

Segue pedindo un “trato específico para o sector da pesca artesanal, clave na sociedade galega”. De aí que as enmedas do BNG recollen “a defensa das competencias propias, a exclusión da pesca artesanal das agresivas normas que propón a Comisión no Regulamento de control, igualando a todos os sectores de frota”.

Comentarios