Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O BNG pide que o Estado inclúa nos orzamentos unha base de loita contra a contaminación mariña na Costa da Morte

  • O ferrocarril, o saneamento da Ría de Corcubión, o paseo entre Cee e Corcubión ou o mantemento do servizo do ISM tamén entran nas enmedas
Membros do BNG no esquecido heliporto de Ruibo
O BNG pide que o Estado inclúa nos orzamentos unha base de loita contra a contaminación mariña na Costa da Morte

Unha das enmendas que o BNG vai presentar aos Orzamentos do Estado de 2023 teñen que ver directamente coa Costa da Morte. Por exemplo, a que tén que ver coa creación dunha base de loita contra a contaminación mariña na Costa da Morte. Néstor Rego, aproveitando o vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige vai unha partida de 1 millóns de euros para construír dita ase no porto de Brens.
“Entendemos que, tras a visita de onte da Ministra de Política Territorial a Camariñas, o Goberno comparte a preocupación de loitar contra a contaminación mariña e votarán a favor desta emenda. É hora dos feitos, non das palabras” sentencia Rego após cumprirse 20 anos da catástrofe do Prestige.
O deputado tamén quixo subliñar a emenda pola que se propón a dotación dun helicóptero para a base permanente en Cee de Salvamento Marítimo, pois “é preciso pór en funcionamento as esquecidas instalacións do heliporto de Ruibo-Cee”.

Ferrocarril

Entre as emendas presentadas pola organización nacionalista destaca o estudo para a conexión ferroviaria na Costa da Morte. “Queremos que se realice un estudo de viabilidade para a implantación do ferrocarril de proximidades nas comarcas de Bergantiños e na Costa da Morte, así como a súa variante a Compostela de cara á mellora das condicións de vida, mobilidade e servizos que se prestan nestas comarcas” explica o responsábel comarcal do BNG e candidato á alcaldía de Camariñas, Xurxo Rodríguez Baña.

Saneamento e paseo

O deputado nacionalista tamén fixo especial mención da emenda presentada para a rexeneración da ría de Corcubión. “O BNG recolle a demanda de que se leve a cabo unha limpeza dos fondos mariños para conseguir unha mellora ambiental e a recuperación dos bancos marisqueiros” subliña Néstor Rego. Neste sentido, a frente nacionalista entende que a produción de marisco podería aumentar de maneira exponencial de levarse a cabo esta limpeza, o que permitiría un incremento no número de postos de traballo nesta comarca.

Ademais, lembran a necesidade de unir os paseos marítimos entre Cee e Corcubión.

ISM

Así mesmo, a frente nacionalista reclama aumentar as prazas e cubrir as vacantes do Instituto Social da Mariña da Costa da Morte. “Deben ser recuperados os servizos perdidos, e asegurar o seu mantemento, como por exemplo o de recoñecemento médico, tan necesarios para os traballadores e traballadoras do mar” afirma Rego.

 

Novas relacionadas

Comentarios