Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG destaca en Camelle a “loita colectiva da sociedade contra a infamia e a competencia na xestión do Prestige”

Foto Ana Pontón vinte anos do Prestige copia
Ana Pontón en Camelle
O BNG destaca en Camelle a “loita colectiva da sociedade contra a infamia e a competencia na xestión do Prestige”

Se o PSOE facíao en Camariñas, o BNG escolleu Camelle para facer o seu principal acto arredor do 20 aniversario da catástrofe do Prestige. Fíxoo con Ana Pontón á cabeza, escoltada por compañeiros e compañeiras de toda a comarca (falaron tamén o responsable comarcal, Xurxo Rodríguez Baña e a portavoz municipal do BNG en Carnota, Belén Campos), poñendo o foco na mobilización social. Pontón quixo destacar a “loita colectiva da sociedade contra a infamia e a competencia da xestión do Prestige”. Ante o desastre ecolóxico “o pobo galego respondeu con dignidade, orgullo, valentía e coraxe” e amosou toda a súa “indignación” ante as mentiras, manipulación e incompetencia do Goberno Popular no Estado e na Xunta coa intención de tapar “o desastre”.

Foto Xurxo Rodríguez responsable comarcal BNG copia
Xurxo Rodríguez, responsable comarcal BNG copia

”A dignidade colectiva demostrada polo pobo galego”, reiterou Pontón, “non ten comparación con ningunha outra resposta social en ningún outro lugar do mundo ante unha situación similar”. Nese sentido, falou a participación do BNG no movemento cívico “Nunca Máis”: “Púxemos o BNG ao servizo de Galiza na súa hora máis difícil e nunha mobilización social e política sen precedentes que deron como froito reclamacións que antes do Prestige nos eran negadas”.

Se ben valorou os avances na materia (como o dispositivo de separación de tráfico no corredor marítimo de Fisterra, a retirada progresiva dos buques monocasco ou a implantación de seguros para cubrir danos medioambientais), gracias a ese compromiso social, aínda quedan moitas eivas sen cubrir 20 anos despois.
A portavoz nacionalista reclama a transferencia de salvamento marítimo cara a Xunta para non seguir dependendo de Madrid, máis medidas de seguridade e o tratamento definitivo desas 10.000 toneladas de residuos do Prestige que quedan almacenadas nas Somozas.

Heliporto

Non faltou a obrigatoria alusión ao heliporto de Ruibo. Todos coñecemos a súa dramática historia, que puxo de exemplo da xestión en materia de seguridade dende un sillon madrileño.

O acto do BNG, organizado na localidade de Camelle contou coa presenza dos responsables municipais e simpatizantes da Costa da Morte e as intervencións do responsable comarcal, Xurxo Rodríguez Baña e a portavoz municipal do BNG, Belén Campos que como miles de galegos e galegas viviron de primeira man a catástrofe do Prestige e mobilizáronse en defensa de Galiza en ante o maior desastres ambiental da súa historia.

Foto do acto do BNG vinte anos despois do Prestige en Camelle

En Bruxelas

Paralelamente, o BNG levará ao Parlamento Europeo este o vindeiro 16 de novembro a conferencia “20 anos do accidente do Prestige: análise da seguridade marítima en Europa”, organizada pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda. “Queremos analizar que pasos se deron na mellora da seguridade marítima nestes vinte anos e que medidas faltan aínda por tomar para evitar outra catástrofe como a do Prestige”, explica a eurodeputada nacionalista, xa que considera que a xestión levada a cabo polo PP foi un “auténtico desastre”.

Intervirán o xornalista Xosé Manuel Pereiro, e representantes do movemento Nunca Máis, como Adela Figueroa, Xurxo Souto e o escritor Suso de Toro, así como representantes do sector pesqueiro e marisqueiro afectados.

20_anos_prestige-BNG-Bruxelas

ARTIGOS RELACIONADOS

NOVAS DO PRESTIGE

SEGUEMENTO DO XUÍZO DO PRESTIGE, POR JOSÉ LUÍS LOUZÁN

Comentarios