Venres. 03.12.2021
El tiempo

Cabichas xigantes para espantar lixo das praias

Cabichas xigantes para espantar lixo das praias
Cabichas xigantes para espantar en Razo Cabichas xigantes para espantar o lixo en Razo Curiosa a estampa que estes días están a vivir as praias de Carballo. A nova campaña municipal de Carballo Limpo para intentar reducir os residuos nas praias e nos espazos urbanos comezou esta fin de semana en Razo, co reparto de material divulgativo e cinceiros para evitar a presenza de cabichas no areal. Entrega acompañada pola presencia dunha serie de cabichas, tetrabricks, pipas e tapóns xigantes para deixar claro, que aínda que son residuous pouco voluminosos, o seu impacto é xigante. As persoas interesadas poderán recoller os cinceiros, de balde, nos postos dos socorristas. “Non se trata de prohibir, senón de concienciar á xente”, explican desde Carballo Limpo. A vindeira semana realizarase unha nova campaña contra as pipas no casco urbano.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/corcubion-con-duas-das-cinco-praias-sen-fume-da-costa-da-morte/

comentarios