Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O Camiño debátese nos IES de Muxía e Fisterra

Charlas Camino iEs Muxia Fisterra APECSA
O Camiño debátese nos IES de Muxía e Fisterra
O Camiño debátese nos IES de Muxía e Fisterra

A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) leva o fenómeno da peregrinación a unha ducia de centros educativos. Así, o IES Ramón Caamño de Muxía e o IES Fin do Camiño acollen, este xoves, unha interesante charla con xornalista Xosé Mª García Palmeiro.

Con este ciclo, APECSA quere alentar á mocidade a traballar nunha tarefa común: a conservación, promoción e valoración do Camiño de Santiago como un ben patrimonio de todos, como un espazo cultural de comunicación e de espiritualidade, un dos máis importantes dinamizadores da economía dos lugares por onde pasa.

Nas conferencias ten un peso importante o debate sobre a conservación da natureza e do patrimonio e sobre a harmonía do territorio co desenvolvemento, defendendo os valores de solidariedade, igualdade e liberdade que se desprenden deste itinerario de comunicación.

O ciclo inclúe 14 conferencias a desenvolver no meses de outubro, en localidades situadas nos diferentes Camiños.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios