Xoves. 25.04.2019
El tiempo

O Camiño dos Faros Infantil: Aprender involucrándose

As familias xa poden disfrutar do Camiño dos Faros coa vertente infantil dos [email protected]

O Camiño dos Faros Infantil: Aprender involucrándose

Espectacular o traballo da Asociación Camiño dos Faros coa divulgación deste tesouro natural creado por eles mesmos. Os [email protected] da entidade veñen de realizar unha adaptación para familias das esixentes 8 etapas do Camiño entre Malpica e Fisterra. Deste xeito, convirte cada unha das 8 etapas en 3 subetapas, moito máis doadas para as crianzas de entre 6 e 12 anos.

Con esta proposta do Camiño dos Faros Infantil, pretenden que a rapazada se involucre no seu entorno, coñeza a realidade da Costa da Morte e disfruten de ser trasnos, ao tempo que invitan aos adultos a sacar ese neno agochado que todos aínda levamos dentro.

Xogos para rutas circulares

Ademais de invitar a cada familia facer as rutas pola súa conta, os [email protected] tamén invitan a facelo nunha ruta libre e autoguiada polos pais e nais a través dun xogo de pistas e audios para pasar probas. Cada proba ten unha solución que hai que cubrindo no Traskipasaporte, para conseguir descifrar o Traskienigma. Ademais hai que ir conseguindo os cromos para completar un álbum.

Rutas conxuntas en marcha

Como fan os maiores, a primeira saída foi este sábado 16 de marzo facendo unha ruta circular entre Malpica e San Adrián. Una cita que congregou a ducias de familias que puideron xogar conxuntamente e descubrir unha espectacular Traskiaventura.

Así, xa hai un calendario de saídas conxuntas, pero autoguiadas (a Asociación non se pode facer responsable da actividade), para ir aprendendo en común nesta nova andaina dos activos [email protected] da Costa da Morte.

Máis información

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios