Venres. 18.10.2019
El tiempo

O campo de Lariño, o Centro de Reboredo e o Brandomil Romano, entre os proxectos non produtivos apoiados polo GDR

O esquecido campo de fútbol Punta Insua de Lariño-Foto-Photttic Mar de Paixon
O esquecido campo de fútbol Punta Insua de Lariño-Foto-Photttic Mar de Paixon
O campo de Lariño, o Centro de Reboredo e o Brandomil Romano, entre os proxectos non produtivos apoiados polo GDR

A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR, celebrada o pasado 28 de maio, revisou as solicitudes de axuda para proxectos non produtivos presentadas ata o 31/03/2019 ao Programa Leader 2014-2020. Aprobou inicialmente 5 proxectos (3 presentados por concellos e 2 por asociacións), por un montante de máis de 350.000 de investimento e uns 125.000€ de axuda).
Queda pentende agora a resposta final de AGADER.

Proxectos Non Produtivos de Concellos Seleccionados (o montante de investimento aceptado destes 3 proxectos ascende a 295.296,49€ e a axuda concedida 83.745,02€):

  • 1.- Reforma pranta baixa da escola unitaria destinada a local para cursos de formación en San Cremenzo de Pazos (Zas). O orzamento aceptado ascende a 13.604,39€, e o importe da axuda sitúase nos 11.101,18€.
  • 2.- Acondicionamento para Centro Socioformativo de Reboredo (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 43.089,35€, e o importe da axuda sitúase nos 34.643,84€.
  • 3.- Mellora ambiental no campo de fútbol Punta Insua de Lariño (Carnota). O orzamento aceptado ascende a 238.602,75€, e o importe da axuda sitúase nos 38.000,00€.

 

Proxectos Non Produtivos de Asociacións Seleccionados (o montante de investimento aceptado destes 2 proxectos ascende a 58.524,40€ e a axuda concedida 44.067,13€):

  • 1.- Servizo de Transporte Adaptado, para Íntegro en Nantón (Cabana de Bergantiños). O orzamento ascende a 42.821,90€, e o importe da axuda sitúase nos 36.655,55€.
  • 2.- O Brandomil Romano e o Camiño de Santiago a Muxía, en Brandomil (Zas). O orzamento ascende a 15.702,50€, e o importe da axuda sitúase nos 7.411,58€.

Novas relacionadas

Comentarios