Carballo acolle unha xuntanza para pais de nenos con necesidades específicas
Este próximo sábado 29 de marzo, ás 17:30, no Pazo da Cultura de Carballo vaise celebrar unha reunión aberta a todos os pais, as nais e ós familiares de nenos e nenas con algunha necesidade específica de cara a crear unha asociación que defenda os intereses destas familias.
É a Asociación Aloumiños a que artella esta sesión, coa intención de constituir unha asociación para defendes os dereitos dos nenos e nenas, e que sirva de punto de encontro, de referente onde compartir as experiencias e informarse sobre as necesidades dos fillos e fillas que sofren necesidades especiais (motóricas, psicopedagóxicas, autismos, etc ...).
A idea é xuntarse, e demandar que certos profesionais poidan achegarse á nosa comarca, evitando facer innumerables viaxes á Coruña ou Santiago onde soen residir os especialistas.
Ademais, solicitarán ás Administracións Públicas maiores e mellores medios para os nosos fillos e as nosas fillas.
Novas relacionadas
- Entrevista cunha Educadora Social de Sardiñeiro.
- O CEIP Bergantiños poderá acoller a 225 alumnos máis.
- A Fedanpa celebrou o seu primeiro ano de vida cos premios Rosalía e Werto.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).