Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Fedanpa celebrou o seu primeiro ano de vida cos premios Rosalía e Werto

A Fedanpa celebrou o seu primeiro ano de vida cos premios Rosalía e Werto
1 ano de Fedanpa Costa da Morte

Parece que levan moito máis tempo en circulación i é que dende o primeiro día de creación a súa loita non pasa desapercibida. A loita contra a LOMCE, por un Ensino Público Galego de Calidade, é un dos seus modos de vida, pero neste primeiro curso, son moitas máis as cousas a celebrar.

Nun dinámico e emotivo acto, tivo lugar o pasado venres a celebración do primeiro aniversario das ANPAs da Costa da Morte no Pazo de Cultura de Carballo. Presentada por Consuelo Lestón, da ANPA de Sardiñeiro, a gala mantivo o discurso reivindicativo que dá sentido á creación da federación, e recordou que "ás nais e aos pais tócanos defender" o Ensino Público, "nestes tempos nos que recibe ataques sen precedementes".

Tomou a palabra o alcalde de Carballo, facendo fincapé nos conceptos "público" e "galego", e rematando cuns textos de Manolo Rivas.
O presidente da Federación, Xosé Antón de la Fuente Subiela, fixo referencia, en nome de todas as ANPAs, ao ano de existencia da federación.

Presentacion da gala anual da Fedanpa Costa da Morte

Os premios

Premios Rosalia e Wert na gala da Fendapa

Chegou o momento da entrega dos simpáticos premios. O Werto pensado para denunciar publicamente a persoas, entidades ou institucións cuxas decisións supoñen un ataque ao Ensino Publico. O Rosalía, en recoñecemento da labor de persoas, entidades ou institucións, cuxa loita en defensa do Ensino Público debe ser recoñecida publicamente e difundida.

O presidente da federación de ANPAs quixo facer a entrega do seu premio a Ignacio Wert Ortega, ministro de educación, pero non asistiu a recepción do seu merecido premio Werto.

O presidente da Confederación de ANPAS GALEGAS, Javier Sánchez, foi o encargado de entregar o premio Rosalía, concedido á Plataforma en defensa do Rural e da Montaña.

Rematou o acto cun monólogo sobre o ensino a cargo da actriz Cristina Moreira.

Novas relacionadas

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios