Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Carballo, Corcubión, Fisterra, Laxe e Vimianzo, comprometidos coa campaña LGTBQI da Deputación

Presentacion da campana Ser e Sentir da Deputacion da Coruna con Goretti Sanmartin e Eva Ovenza
Presentación da campaña "Liberdade de Ser e Sentir" da Deputación da Coruña, con Goretti Sanmartin e Eva Ovenza
Carballo, Corcubión, Fisterra, Laxe e Vimianzo, comprometidos coa campaña LGTBQI da Deputación

Máis de trinta e cinco concellos participan na campaña da Deputación da Coruña “Liberdade de Ser e Sentir!”. Unha acción que promove a visibilización da comunidade LGTBQI+ na conmemoración do Día do Orgullo, con motivo do 28 de xuño “día da diversidade sexual”. Os Carballo, Corcubión, Fisterra, Laxe e Vimianzo comprométense con esta campaña que pretende sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemen da súa orientacion sexual e identidade de xénero.

A campaña, enfocada sobre todo á mocidade, quere naturalizar a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais. Comezará desde hoxe e circulará polas redes co cancelo #seresentir.

A imaxe escollida para esta edición está baseada nunha estética graffiti como elemento reivindicativo por excelencia, sinónimo de liberdade e libre pensamento, conceptos moi vinculados coa Campaña.

Comentarios