Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Carballo prepárase para a Feira das Oportunidades

Carballo prepárase para a Feira das Oportunidades
Feira Oportunidades CCA Carballo 2015

Unha carpa no Parque do San Martiño acolle a fin de semana do 7 e 8 de marzo a sétima edición da Feira das Oportunidades, unha cita que congrega a máis de 30 establecementos comerciais do municipio que poñen á venda excedentes de tempada, moi por debaixo do prezo de mercado pero cunha excelente calidade e co prestixio engadido do comercio carballés, xa que nesta cita só participan establecementos do municipio que sexan socios do CCA.

Os dous días a partir das 17.00 horas Animart ofrecerá obradoiros de maquillaxe e globoflexia na carpa para os máis cativos e cativas. O horario de apertura é de 10.00 a 21.00 horas de forma ininterrompida.

María del Carmen Freire, xerente do CCA, quixo sinalar a ampla variedade de produtos que ofrece a cita, que van dende os máis habituais de moda téxtil de calzado e complementos, ata outros menos habituais, coa presenza mesmo dunha empresa de combustible de biomasa. O Alcalde, Evencio Ferrero, quixo subliñar o atractivo desta cita "nunha época na que hai que fomentar a práctica comercial de proximidade". Desexou que as tendas "esgoten os stocks" e que haxa unha notable afluencia.

Fonte

Comentarios