sábado. 24.05.2025
El tiempo

Carballo quere que os buses metropolitanos da Coruña e Santiago cheguen a Bergantiños

Carballo quere que os buses metropolitanos da Coruña e Santiago cheguen a Bergantiños
Os buses metropolitanos da Coruna poderian chegar a Carballo

Da precariedade do servizo de transporte colectivo da Costa da Morte xa temos falado en mil e unha ocasións. E poucos concellos propoñen ideas para solucionalo.

Entregou onte o alcalde de Carballo na Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta, a solicitude para que a capital bergantiñá se inclúa no Plan de Transporte Metropolitano das áreas urbanas de A Coruña e Santiago de Compostela. Unha proposta pioneira, xa que só o Concello de Miño está integrado en dúas áreas dende que o pasado mes de febreiro se incorporase ás áreas de Coruña e Ferrol.

A directora xeral de Mobilidade, Camino Triguero, manifestoulle ao Concello de Carballo o apoio do Goberno galego á súa petición. Así, a Dirección Xeral de Mobilidade elaborará e remitirá ao concello o estudo económico- financeiro desta inclusión, que deberá ser ratificado polo pleno municipal.

En relación á financiación, como no resto dos casos de implantación do transporte metropolitano, o 80 % do importe da subvención do billete correspóndelle á Administración autonómica e o restante 20 % á entidade local. Cómpre lembrar que os custos dos transbordos que os viaxeiros realicen entre o autobús metropolitano e o urbano son achegados pola Xunta de Galicia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios