Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Carnota propón un concurso de Embelecemento de Espazos e Contornos

Carnota propón un concurso de Embelecemento de Espazos e Contornos
Concurso de embelecemento de espazos en Carnota

Novedosa proposta dende o Concello de Carnota cunha clara visión paisaxística. O "I Concurso de embelecemento de espazos e entornos públicos e privados" chega para favorecer e alentar a valorización dos recursos da zona e co afán de contribuír á promoción do civismo e da conciencia ambiental.

Así, os queiran participar terán que propoñer un proxecto de acondicionamento dun espazo carnotán. O obxecto deste concurso é fomentar o embelecemento e a ornamentación exterior das vivendas, terreos, espazos comúns, muros exteriores, etc., con elementos vexetais. As actuacións deberán ser visibles, ter accesibilidade directa á vía pública e supoñer unha mellora na imaxe do edificio ou do espazo en particular, e da localidade en xeral.

O Concurso establece un único premio de 1.000€, que será escollido por un xurado composto por estudantes dos centros de ensino do Concello, así como un profesor de cada e unha persoa do Concello. O xurado fará público o seu fallo o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, ás 20.00 horas no salón de actos do Concello de Carnota.
E valorará "a mellora da imaxe da localidade, tendo en conta a orixinalidade, a calidade ornamental, a perdurabilidade e o deseño dos elementos vexetais; a integración de elementos vexetais e de xardinaría no exterior ou no contorno das edificacións", así como "a realización da acción de forma directa por quen concorre ao concurso, con medios propios e sen recorrer a empresas especializadas".

Máis información e inscricións

Poderán participar no concurso as entidades (empresas, asociacións en xeral, ANPAS, etc.) e particulares (individualmente ou en grupo).

Quen desexe participar no concurso, deberá inscribirse nas oficinas da Casa do Concello (Praza de San Gregorio, 19 – 15293 CARNOTA.) e entregar a seguinte documentación:
- Solicitude de inscrición, segundo o modelo que se facilitará nas oficinas municipais.
- Calquera outra documentación que se estime oportuna: fotografías, descrición dos materiais empregados, mobiliario instalado, participación da veciñanza, etc.

O prazo de recepción das solicitudes comeza no momento da publicación destas bases e finalizará o 5 de abril de 2013. Para obter máis información poden chamar ao 981 85 72 17.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carnota.

Comentarios