Martes. 25.01.2022
El tiempo

Carta da APTCM pola descoordinación do sector turístico

Carta da APTCM pola descoordinación do sector turístico

Da descoordinación do sector turístico temos falado en innumerables ocasións. A aparación de siglas e entidades que xestionan campos relacionados co turismo na bisbarra segue proporcionando unha diversificación de esforzos.

Hoxe é a Xunta directiva da Asociación profesional do sector turístico da Costa da Morte APTCM, a que nos ennvía unha carta. Nela ponse de manifesto a posición da asociación en relación a descoordinación en materia de turismo no noso territorio.

Carta de APTCM: Divididos nós.... venden outros

Despois de case 10 anos de traballo como patronal do sector turístico da Costa da Morte vémonos na obriga de facer público este comunicado, xa que vemos como as liortas internas na nosa zona fan que desde fóra non nos tomen en serio e teñan unha desculpa tras outra para retardar as inversións que outros si reciben. Si nos limitamos ao turismo, máis do mesmo, a división lévanos a unha duplicidade e incluso cuadruplicidade de accións que nós queremos chamar a solucionar.

Ao que nos está levando esta situación é a que nos deixen fóra das planificacións estratéxicas que se están levando a cabo en Galicia e en España, dado que falta o que as administracións chaman o “interlocutor único”. Desde a APTCM dixémolo no seu día e seguímolo a manter; que non teñamos un ente que aglutine e coordine as accións turísticas da Costa da Morte fai que os resultados das inversións das administracións se dividan por catro.

Non podemos seguir despilfarrando os recursos públicos de este xeito, facendo múltiples guías, múltiples webs, múltiples centrais de reservas, múltiples presencias na mesma feira, etc.

Sen irnos máis atrás, nos últimos dez anos na nosa zona as diferentes administracións investiron e seguen investindo en turismo ducias de millóns de euros, pero desde a patronal do sector estamos seguros de que o resultado é moito menor que si eses cartos foran invertidos dun xeito ordenado e priorizado polas diferentes administracións e entidades.

Nestes momentos podemos ver como as empresas, os concellos, Neria, os GDR, os GAC, agora os Consellos Rurais, a Deputación, a Xunta e incluso o Goberno Central, están a gastar cartos na promoción, organización e infraestructuras do turismo da zona, por eso desde o sector reclamamos que polo menos non se dupliquen as accións, xa que non están os tempos para eso e si para ser austeros, imaxinativos e competitivos.

A APTCM non ten capacidade para realizar a promoción da Costa da Morte, nin é o noso obxectivo, aínda que si nos poñemos a disposición de quen o faga para que nos consulte, xa que debemos de ser todos conscientes de que as inversións realizadas en turismo son para que o noso sector medre e cre máis emprego, non para saír na foto ou sacar noticias na prensa do que se fai.

Como asociación das empresas turísticas da Costa da Morte o que pedimos é que a COMERCIALIZACIÓN do turismo se deixe nas mans dos profesionais do sector, xa que é o sector turístico organizado o que sabe como vender e ademais a visión dun empresario é moito mais a longo prazo, xa que temos gastados os nosos propios cartos en inversións que en moitos casos son para varias xeracións. Os xestores das entidades pasan pero as empresas quedan.

Desde a APTCM queremos facer este chamamento á responsabilidade, polo ben do futuro da Costa da Morte. Si alguén que teña algo que ver co turismo da Costa da Morte, sexa xestor público ou privado, ve que o que aquí se expón é motivo de debate, invitámolo/a a que nos contacte e nos sentemos a falar, nós temos as portas e as mentes abertas a quen queira aportar en positivo polo futuro das nosas empresas.

Esperemos que esto sexa para ben.

Asdo:: A Xunta Directiva da APTCM.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da APTCM.

comentarios