Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Case un accidente ao día nas estradas da Costa da Morte

Case un accidente ao día nas estradas da Costa da Morte

A pasada semana, a unidade móbil de QPC topou con varios Axentes de Tráfico da zona para pasar un rutinario control de alcolemia. O Axente, recoñecendo o rotulado con quepasanacosta.gal, comentounos que os datos de siniestralidade da Costa da Morte están sendo moi positivos neste ano. Apuntou que o número de accidentes está baixando considerablemente gracias ao traballo a pé de rúa dos Axentes.

Solicitamos os datos á Xefatura de Tráfico da Coruña, dende onde nos enviaron os datos dos accidentes na zona do Destacamento de Corcubión, dende xaneiro de 2010 e ata xuño de 2011. Son moitas as conclusión que podemos sacar do estudio, unhas boas e outras non tanto.

O primeiro que podemos constatar é que o número total de accidentes non varíou entre os 5 primeiros meses de 2010 e o mesmo período do 2011. Contabilizáronse 129 accidentes nestes 5 meses, o que dá unha media de de 22.5 accidentes ao mes.
Con todo, a media global dos 12 meses do 2010 foi algo máis alta e ronda o accidente diario. Nos 12 meses do 2010 contabilizaron un total de 356 accidentes, o que supón case 30 accidentes mensuais.

Descenso de accidentes mortais

Hai datos positivos, iso si. Unha das cifras máis importantes que atopamos é a baixada nun 50% de accidentes mortais nas estradas da Costa da Morte.
No 2010 houbo 4 vítimas mortais na estrada (2 no mes de xaneiro, un en marzo e un en maio) mentres que no 2011 o número de vítimas mortais quedou en 2 (nos meses de febreiro e abril). Compre sinalar que o destacamento de Corcubión non inclúe o territorio de Muros, onde no mes de marzo falecía un rapaz vencellado ao fútbol da zona.

Descenso nos accidentes "con vítimas"

Tamén podemos constatar que descendeu nun 16% o número de accidentes "con vítimas" (isto é con mortos ou con feridos) e pasamos de 31 accidentes nos 5 primeiros meses do 2010 as 26 deste ano.

E finalizamos o repaso aos datos cun feito evidente pero que non deixa de ser interesante: máis do 90% dos accidentes son en estrada e non en tramos urbanos.

Novas relacionadas

Accidentes no 2011

Accidentes mortais no 2010

Outros accidentes

Fonte

Comentarios