Catro detidos en Carballo por suposto blanqueo na Operación Adriacar
19:20 09/12/17
A compra por parte de dous veciños de Carballo (declarados insolventes) de 139 vehículos nos últimos cinco anos, detectada o pasado mes de abril, fixo que a Garda Civil acentuase a súa atención.
A investigación culminaba esta semana con 4 detencións en Carballo e unha em Barcelona no marco da operación Adriacar por suposto blanqueo de 200.000€ a través da compra-venta ilegal de vehículos.
Tamén foron investigadas tres detidos máis, dous das cales atópanse no cárcere de Teixeiro por outras causas e unha última que está en busca e captura con orde de ingreso en prisión.
Os delitos que se lles atribúen consisten en blanqueo de capitais, pertenencia a grupo criminal, estafa procesal e falsificación documental.
Fonte
Redacción de QPC.