mércores. 11.06.2025
El tiempo

Centos de familias seguen sen solicitar o bono social da luz

Centos de familias seguen sen solicitar o bono social da luz
desconto-factura-luz-bono-social Xubilados, pensionistas por incapacidade permanente e familias numerosas son algúns dos colectivos que poden beneficiarase de descontos na súa factura da luz Miles de falimias de Costa da Morte poden quedar sen o desconto na súa factura da luz no caso de que non soliciten antes do 8 de outubro o novo bono social impulsado polo ministerio de Industria no pasado mes de abril. A baixa demanda desta bonificación obrigou ao goberno a ampliar o prazo de solicitudes. As solicitudes poden tramitarse nos propios concellos . A normativa que define os requisitos para poder acollerse ao mesmo sufriu importantes variación nos baremos dos niveis de renda das unidades familiares e tamén incorporou novas categorías e situacións, nas que se debe estar para poder ter dereito o desconto na tarifa eléctrica. O novo bono social permite descontos na factura da luz que oscilan entre un 25 e un 40% cun limíte de consumo de 10 kw por hora de potencia contratada e estar acollido á facturación regulada (PVPC) e non en mercado libre. En todos os casos, o bono aplícase unicamente á vivenda habitual e entre os beneficiarios están aquelas familias que teñan unha renda individual (no caso dun só adulto no fogar) ou familiar que non supere os 11.280€ anuais, no caso de fogares sen nenos (1,5 veces o IPREM), 15.000€ para familias cun menor (2 veces o IPREM) ou 19.000 euros anuais se hai 2 menores no fogar (2,5 veces o IPREM). Estes umbrais soben no caso de discapacidade, vítimas da violencia de xénero ou do terrorismo. Tamén poden beneficiarse as familias numerosas ou pensionistas coa pensión mínima de xubilación ou incapacidade permanente e non teñan outros ingresos. Os que cumpran estes requisitos, considéranse consumidores vulnerables; o que significa que poderán acceder a un desconto do 25% na súa factura da luz. Tamén se establece un desconto superior, do 40%, para os denominados vulnerables severos. Para acceder a este nivel, os umbrais son moito máis baixos. A renda calcúlase sumando a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da última Declaración da Renda presentada (casiñas 392 e 405). Se o solicitante ou algún membro da unidade familiar non presentou a Declaración porque non estaba obrigado, a Axencia Tributaria incluirá os rendementos do traballo, do capital ou de actividades económicas e ganancias e pérdidas patrimoniais que consten nos seus datos. No caso de familias con varios membros con ingresos, sumarase a cifra de todos eles. Unha vez concedido o bono social eléctrico, a solicitude deberase renovar cada dous anos; excepto no caso de familias numerosas, que acceden ao desconto até que deixan de selo. En Galicia poderían beneficiarse destas rebaixas na luz uns 154.000 xubilados e case 9.000 galegos con invalidez permanente que cobran a pensión mínima ademais das 24.000 familias numerosas. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/os-tecnicos-municipais-informanse-sobre-os-requisitos-para-tramitar-bonos-sociais-electricos/ Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios