Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Chega o Camiño dos Faros virtual

Chega o Camiño dos Faros virtual
O Camino dos faros esta dende hoxe trekeado no Google Street View O Camiño dos Faros esta dende hoxe trekeado no Google Street View O Camiño dos Faros sigue medrando xa que dende hoxe trasn@s de todo o mundo poden percorrer virtualmente os 200 quilómetros que separan Malpica de Fisterra a través do Google Street View. O xigante da Internet - Google - cedeu a tecnolxía precisa para que os trasn@s percorresen Camiño e mapear así o sendeiro. Esta cesión foi posible grazas ao acordo firmado o pasado mes de outubro entre Google e a asociación O Camiño dos Faros. "Estamos moi contentos porque traballo nos custou. Non é fácil subir o Cachelmo cunha mochila de 20 quilos pero hai trasnos que están feitos doutra pasta..." aseguran os trasn@s. Google cedeu o equipo Trekker para a captura as imaxes do Camino dos Faros Google cedeu o equipo Trekker para a captura as imaxes do Camino dos Faros No ano 2013 Google presentou o equipo para a captura de imaxes Trekker que consiste nunha mochila - de 18 quilos de peso - equipada cunha cámara instalada sobre uns mástil e unha plataforma. A mochila transportaa un camiñante mentras percorre a pe e captura automaticamente imaxes durante o camiño. Estas imaxes móntanse a posteriori para crear as vistas panorámicas de 360º que se poden ver tamén a través do Google Maps. O Trekker de Google viaxou xa as principais maravillas naturais do mundo como o Gran Cañón, o Taj Mahal, o templo de Angkor Wat, as illas Galápagos e incluso rutas históricas pedestres de Venecia. Dentro do territorio nacional, o sistema de Google capturou imaxe do Caminito del Rey. Desta forma, o Camiño dos Faros é o primeiro proxecto de Trekker Loan en Galicia, xa que é a primeira vez que unha asociación accede a un préstamos desta tecnoloxía.    

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios