luns. 12.05.2025
El tiempo

Chega unha #AxendaCostadaMorte moi verbeneira

Chega unha #AxendaCostadaMorte moi verbeneira
Volve unha axenda de fin de semana cargada de festas. Son moitas as vilas mariñeiras da Costa da Morte as que honran durante estes días á virxe do Carmen. Unha das de maior referencia é a de Camariñas que, como cada ano, volverá coa súa tradicional danza de arcos e procesión marítima. Pero a axenda tamén trae outras citas. Antes de facer un repaso polas principais citas, detémonos no parte costeiro de 4gotas.com. A fin de semana virá marcada pola influencia anticiclónica que deixará forte vento do nordés, bastante sol e calor, pero todo con matices... No litoral norte, entre Muxía e Malpica haberá moitas máis nubes que no resto e temperaturas máis suaves. Na mañá e mediodía de hoxe as nubes predominarán nese litoral, tamén no interior na mañá. Pola contra, entre Fisterra e Muros predominará o sol xa desde primeira hora superando os 25 graos ao mediodía. Mañá sábado tamén amencerá con nubes no norte, que se disiparán algo antes que hoxe, malia que en puntos de ese litoral (cerca de Muxía) estarán boa parte do día. No litoral máis sur os termómetros achegaranse aos 30ºC.   O domingo calmarase o vento do nordés e lucirá o sol en toda a Costa da Morte con temperaturas altas. Irá calor, especialmente no interior e no litoral de Muros a Fisterra con máximas por riba dos 30 graos (25-27 no norte).

Festas

  • Festas do Carme en Corcubión. Mañá e o domingo, Corcubión celebra as festas na honra da Virxe do Carme. Contará coas orquestas Fama e Metrópolis e coas discotecas móviles Fabrik e Factory.
  • Festas do Carmen en Camariñas. A vila camariñana vive dende mañá sábado ata o martes as súas festas máis importantes nas que a música, a procesión marítima e a danza de arcos son os seu principais protagonistas.
  • Festas do Carme en Muros. Catro días de festas en Muros que arrancan hoxe cunha verbena amenizada pola orquesta Essencia e por Pablo Balseiro. As celebracións prolónganse ata o luns.
  • Festas do Carmen en Zas. Dous días de festas máis as vísperas para honrar á virxe do Carmen Zas. Suavecito, Nebraska, Cuidad Cristal e unha gran orquesta pasarán estes días pola vila.

Festa do Percebe

Chega a Corme a 25º edición da Festa do Percebe do Roncudo; unha das citas por excelencia na Costa da Morte. A troula arranca xa pola mañá e a partir do mediodía poderá o crustáceo poderá degustarse no peirao. A música será outra das protagonistas do día.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Os domingos de xullo e agosto, ás 13 ás 17 horas Roi e Elvira conducirán as visitas guiadas teatralizadas do Castelo de Vimianzo.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días (de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas. O domingo, ás 19:30 horas, haberá visita guiada teatralizada da man de Os Quinquilláns.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas. Os Quinquilláns guiarán as visitas teatralizadas todos os sábados do mes de xullo e agosto ás 17:30 e ás 19:30 horas.
  • O museo Man de Camelle poderase ver ata o 15 de agosto unha exposición da escola de Arte de Vimianzo. O horario de apertura é de martes a domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
  • O museo do Mar de Fisterra acolle ata o vindeiro 31 de xullo a peza que o estudo de arquitectura Creus&Carrasco levou á 15ª Exposición Internacional de Arquitectura da Bienal de Venecia. Trátase dunha maqueta de 2x1,40 m que se compón dunha base de tiras que representan o territorio con imaxes.

Outras citas

  • A música clásica chega hoxe ás Torres do Allo dentro do ambicioso programa de actividades culturais posto en marcha polo concello de Zas. Así, o violinista Kamo Petrosian ofrece hoxe un concerto gratuito a partir das 2o:30 horas.
  • Os máis pequenos descubrirán os agochos das Torres do Allo co xogo de pistas “Os secretos ocultos nas Torres”. A cita é mañá ás 12:30 horas e é de balde.
  • Historia Viva Vimianzo. O concello de Vimianzo descubre "As cores dos dolmens" cunha visita guiada que arranca mañá sábado, ás 11 horas, dende o Castelo da vila.
  • Música na Rúa. Os gaiteiros da asociación cultural Malante percorrerán esta tarde-noite as rúas de Malpica.
  • Retablo de Fantoches “Rafael Dieste”. O parque infantil de Malpica situado na rúa Patria Galega acolle mañá ás 20:30 horas a actuación da obra “O vendedor de fume” de Ghazafellos.
  • Cine de verán en Fisterra. Arranca o ciclo de cine de verán coa película "Pixels" que se proxectará ás 22:30 horas na praza da Constitución.
  • Concerto en Laxe. A Ventana acolle esta noite o concerto The Bandhits; un grupo de versións de clásicos de Blues e Rock capitaneados pola impoñente voz da súa cantante Ana Monelli.
Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios