As cifras da implantación de fibra por Rede Aberta para paliar o “illamento histórico” da Costa da Morte
Ao longo dos últimos meses puidemos ver numerosos operarios de Rede Aberta (e tamén de Mantelnor) “botando cable” polas estradas da comarca. Trátase do programa de despregadura de fibra do Plan Único Banda Ancha financiado polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital. Rede Aberta é a empresa, galega, encargada de achegar a internet ao rura (como adxudicataria do plan 2023 e provisionalmente do 2425) despois de anos de absoluto esquecemento por parte de Telefónica. Faino a través da instalación dunha rede neutra, que se lle chama, polo que o usuario terá que, unha vez lle sexa instalada a fibra na súa rúa, contratar unha operadora de telefonía para conectarse á rede, e ter, por fin, velocidades superiores aos 100 Mbps, velocidades do século XXI.
A entidade ratifica así o seu “compromiso coa Costa da Morte para paliar o illamento histórico” que levamos sufrindo en materia de infraestruturas. A día de hoxe zonas como Cee, Corcubión ou Laxe achéganse ao 100% de vivendas cubertas co conexión a internet ultrarrápida (máis de 300 Mbps de velocidade simétrica), tendo unha porcentaxe de integración actual do 73,6% en toda a comarca.
Quedan, segundo os datos da propia empresa, unhas 22.700 vivendas por conectar nunha comarca na que contamos das case 130.000 vivendas que hai rexistradas nos 19 concellos da comarca. E dase a circunstancia de hai concellos cunha implatación de máis do 100%, porque tamén se estableceron unidades inmobiliarias en negocios e sociedades.
En Cifras
Rede Aberta leva construídas xa 36.206 Unidades inmobiliarias nos concellos da Costa da Morte, que representan o 42,1% das 63.285 vivendas desta zona que xa teñen conexión rápida.
Para a zona da Costa de Morte estaban previstas 6.017 UUII correspondentes ao plan UNICO 2023-2024, das que xa están instaladas 2.269, o 37%. Hai que ter en conta que a execución do plan comezou en xaneiro de 2023 e hai unha fase de reformulación, deseño e tramitación de permisos que require tempo, pero a posterior execución se acelera unha vez superada a primeira fase.
Concello | Habitantes | Vivendas (Catastro xaneiro 2022) |
FTTH (xuño 2022) |
Vivendas con fibra |
Vivendas pedentes de fibra |
UUIIs construidas finais de novembro |
UNICOs construidos | Unicos totales | Porcentaxe de UU.Iis sobre as vivendas |
Cabana | 4.185 | 2.476 | 67,81 | 1.679 | 797 | 1.150 | 24 | 119 | 46,45 |
Camariñas | 5.224 | 3.838 | 74,39 | 2.855 | 983 | 1.843 | 523 | 792 | 48,02 |
Carnota | 3.854 | 3.991 | 80,66 | 3.219 | 772 | 0,00 | |||
Carballo | 31.429 | 18.728 | 90,25 | 15.450 | 3.278 | 953 | 5,09 | ||
Cee | 7.568 | 5.039 | 92,28 | 4.650 | 389 | 5.303 | 44 | 60 | 105,24 |
Corcubión | 1.606 | 1.468 | 98,37 | 1.444 | 24 | 1.512 | 4 | 103,00 | |
Coristanco | 5.878 | 3.567 | 55,26 | 1.971 | 1.596 | 1.371 | 52 | 167 | 38,44 |
Dumbría | 2.927 | 1.554 | 36,49 | 567 | 987 | 651 | 267 | 486 | 41,89 |
Fisterra | 4.714 | 3.685 | 56,69 | 2.089 | 1.596 | 2.485 | 471 | 843 | 67,44 |
Laracha, A | 11.521 | 6.838 | 68,76 | 4.702 | 2.136 | 3.881 | 55 | 377 | 56,76 |
Laxe | 3.004 | 2.536 | 79,81 | 2.024 | 512 | 2.706 | 411 | 411 | 106,70 |
Malpica | 5.332 | 4.659 | 67,70 | 3.154 | 1.505 | 4.223 | 17 | 90,64 | |
Mazaricos | 3.806 | 2.142 | 35,48 | 760 | 1.382 | 298 | 99 | 549 | 13,91 |
Muros | 8.399 | 6.252 | 84,23 | 5.266 | 986 | 685 | 0,00 | ||
Muxía | 4.564 | 2.769 | 76,16 | 2.109 | 660 | 505 | 87 | 248 | 18,24 |
Ponteceso | 5.457 | 4.210 | 59,38 | 2.500 | 1.710 | 3.562 | 110 | 458 | 84,61 |
Santa Comba | 9.359 | 5.487 | 78,39 | 4.301 | 1.186 | 2.964 | 57 | 520 | 54,02 |
Vimianzo | 6.925 | 4.261 | 75,73 | 3.227 | 1.034 | 2.679 | 69 | 281 | 62,87 |
Zas | 4.384 | 2.490 | 52,93 | 1.318 | 1.172 | 120 | 22 | 562 | 4,82 |
Total | 130.136 | 85.990 | 63.285 | 22.705 | 36.206 | 2.291 | 6.579 | ||
Porcentaxe | 73,6 | 42,1 | 34,8 |
Levan dende o verán traballando arreo e aínda este mes vímonos traballando por Baio.
Carencia de traballadores
Son 200 traballadores os que se encargar de espallar o cobre por toda Galicia, contando con traballadores propios pero tamén de empresas externas como Montelnor. Dende a entidade recoñecen que hai moita problemáica para conseguir traballadores, e están a tirar de xentes recén saídas da FP, polo que animan á rapazada a facer estudos técnicas.
Dende a empresa relatan tamén algunhas circunstancias curiosas nas que se atopan nesta singradura, como veciñ@s que on deixan pasar os cables polas súas leiras, roubos de material…
2024-2025: Zas, Carnota ou Muros
O proceso continúa e Rede Aberta, que foi adxudicataria (de momento, é unha resolución provisional) do plan UNICO 2024-2025 continuará achegandp a zonas que estaban pendentes e concellos nos que non se iniciou a actividade, como Zas, Carnota ou Muros.
Así, como nos avanzaban en outubro, a fibra de Rede Aberta chegará a outros 34.422 fogares da Costa da Morte en 2024.