Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Rede Aberta desprega a fibra por Baio e Zas

Rede Aberta en Baio
Rede Aberta instalando a fibra estes días en Baio
Rede Aberta desprega a fibra por Baio e Zas

A fibra de Rede Aberta chegará a 34.422 fogares da Costa da Morte en 2024. A compañía galega continúa co proceso e instalación da fibra por toda a comarca.

Estas semanas centra o foco en Zas, onde ten unha previsión de construir 2.152 Unidades inmobiliarias, das que 562 son con cargo ao plan Único e xa se teñen instalado 22.

Cómpre lembrar que en Zas hai 2490 vivendas, das que a día de hoxe só 1.138 teñen fibra con más de 100 Mbps. Unha situación que se dá pola deixadez de Telefónica de cumplir os seus contratos os pasados anos, deixando orfa boa parte da poboación rural galega, como denunciaba o rexedor a semana pasada.

A realidade é que Telefónica, durante o monopolio que tivo a pasada década na despregadura da fibra, centrouse nos núcleos de poboación, incumprindo os Plans públicos de ampliación da banda ancha e deixando orfa de boas comunicacións da información á poboación rural. A adxudicación da empresa Rede Aberta trata de paliar estes ocos.

Con todo, aseguran que todo o termo municipal de Zas vai quedar practicamente cuberto nas vindeiras semanas.

Rede Aberta en Baio 3
Rede Aberta instalando a fibra estes días en Baio

Novas relacionadas

Comentarios