Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte posiciónase como ‘Destino Starlight’

 

Alcaldes Costa da Morte
A Costa da Morte posiciónase como ‘Destino Starlight’

Importante xuntanza celebrada onte en Vimianzo, convocada pola CMAT, á que asistiron os máximos representantes dos 17 concellos do Xeodestino Costa da Morte, a patronal, a Deputación e varios científicos, para analizar o camiño de certificación da comarca como “Destino Starlight”.

O ente público-privado Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) considera que o astroturismo se axusta aos obxectivos do Plan Estratéxico de Turismo da Costa da Morte: “Implicar a todo o territorio, diversificar a oferta e desestacionalizar a demanda”, facendo unha referencia en turismo astronómico.

A presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez, tamén alcaldesa de Vimianzo, explicou que as accións para conseguir a certificación que concede a Fundación Starlight “formalizaránse no primeiro semestre de 2022”.

A comarca conta xa cun ceo espectacular, con pouca contaminación luminosa, aire transparente e ceos despexados. A cidadanía tamén debe estar implicada, así como o sector turístico.

En clave científica interviron Jorge Mira Pérez, catedrático do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, e Salvador Bará Viñas, profesor de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela. Falou tamén Ana Teresa Cimas Hernando, xefa da Área Provincial Turismo de Galicia, e foi Xosé Regueira o que confirmou o apoio da Deputación na este “uproduto responsábel, sustentábel e tamén innovador”.

Que significa Destino Starlight?

A Fundación Starlight é a que promove e certifica a través dunha auditoría o Destino Starlight, un marchamo que acredita que un territorio conta cunha excelente calidade do ceo e que traballa e se preocupa pola súa protección e conservación. O certificado conta co aval da UNESCO e co apoio da Organización Mundial do Turismo (UNWTO) e da Unión Astronómica Internacional (IAU). E aúna ciencia e turismo, aproveitando a astronomía e a observación do firmamento para promocionar unha nova forma de turismo sostible. O Destino Starlight debe tamén contar con adecuadas infraestruturas e actividades relacionadas coa oferta turística e a súa integración na natureza nocturna.

NOVAS SOBRE ASTROFOTOGRAFÍA

Comentarios