O Comité de XEAL apoia nos Xulgados á traballadora que sufríu acoso dun superior
Ata os Xulgados da Coruña se desprazou unha completa comitiva de traballadores de XEAL para amosar o seu apoio a unha traballadora que sufriu un suposto caso de acoso sexual dun superior da empresa. O Comité, que mesmo ten denunciado o proceder da empresa ante este grave caso, quixo estar presente neste día de vista oral.
En calquera caso o xuízo aínda non rematou e quedan testemuñas por testificar. “O Comité de Empresa estivo apoiando a unha traballadora de XEAL, porque entende que a empresa non fixo todo o posible para que non se repita esta situación e porque tampouco fixo todo para depurar todas as responsabilidades”, sinala o Comité.
Lembran que “a empresa tentou ocultar estas denuncias iniciando un proceso de pesquisas á marxe do establecido no seu plan de igualdade e impedindo deste xeito que o comité e os/as delegados/as de prevención tiveran coñecemento da apertura dunha investigación e puideran participar da mesma, tal e como se establece na lexislación vixente”.
Novas relacionadas
- Novembro 21: Os traballadores de XEAL volveron á rúa polo mantemento do convenio.
- Xullo 21: O suposto caso de acoso axita a concentración dos venres dos traballadores de XEAL.
- 09-07-21: O comité de XEAL denuncia na Inspección o proceder da empresa ante os casos de acoso laboral e sexual.
- Xullo 21: O Comité de Xeal denuncia un presunto caso de acoso sexual dun alto cargo próximo á dirección.