Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Como son as eleccións ás confrarías

Confraria do Pindo
Como son as eleccións ás confrarías

Máis de 4.000 profesionais do mar acoden este sábado 29 de outubro á chamada das eleccións á 12 Confrarías da Costa da Morte (Caión, Malpica, Corme, Laxe, Camelle, Camariñas, Muxía, Fisterra, Corcubión, O Pindo, Lira e Muros).

Unhas eleccións nas que se esperan poucos cambios, e que volven demostrar o complicado que é o traballo á fronte dun pósito. Son varias as confrarías (o caso do PIndo, Malpica ou Corme, entre outras) nas que non se presentaron ningún representante, polo que todos son votables. Outras, como en Muros, houbo que ir buscando barco por barco xentes dispostas a dar a cara ante as administracións por todo u sector, no seu tempo libre e sen ningún tipo de renumeración.
Un traballo moi ingrato que poucos están dispostos a asumir, sabendo que vas acabar en boca das administracións e dos teus propios compañeiros.

Hai 4 anos apenas cambiaron 4 dos 12 patróns maiores. Nestes comicios espéranse poucos cambios de novo. En varias confrarías parece clara a elección, e por exemplo se no Pindo esperan que volva ser escollido o actual patrón, Fernando M. Siaba Espasandín, por Corme acontece o mesmo con Roberto Vidal (que en todo caso é posibla que dimita necesitando un tempo de descanso), por Fisterra con Manolete ou en Malpica con Pedro Pérez Martelo.

Como se escollen os patróns

O proceso para escoller aos patróns maiores é complexo. De feito, é algo que aínda non se vai decidir ata a segunda fase, que terá lugar a finais do mes de novembro.

Resumindo, as eleccións están divididas en dúas partes:

  • Por segmentos produtivos, é dicir, por agrupacións: Os profesionais do arrastre escollen aos seus representantes, como fan os artes menores, marisqueo a pé, marisqueo a flote…
  • Por traballadores ou empresarios.

Deste xeito, cada un dos sectores vota un representante (segundo a súa representatividade na confraría) dos traballadores e outro dos empresarios, e serán eses representantes escollidos os que formarán parte da Xunta Xeral.
Desa Xunta Xeral sairá, por elección ou votación no caso de se postulen máis dun, o patrón maior.
Paralelamente, para complicar o asunto aínda máis, elíxese o Cabildo, que é unha Xunta máis maniexable, para tomar as decisións do día a día.

Poñendo un exemplo. En Malpica hai 214 profesionais que acoden ás eleccións para escoller, por parte dos empresarios: 6 armadores, para artes menores (volante, palangre); 2 de cerco, e 1 armador do percebe a flote; e pola parte dos traballadores: 6 mariñeiros do cerco, 2 de artes menores; e 1 trabalador do percebe a pé. En total 9 representantes dos empresarios e 9 dos traballadores, 18 representantes que formarán a Xunta Xeral (que ten que ser paritaria) da que sairá escollido, por aclamación ou votación o patrón maior.
O caso malpicán, como dicimos, é un exemplo doutros. Non se presentou ninguén e todos son votables, pero o patrón maior actual Pedro Pérez Martelo, leva sendo escollido deste xeito nas últimas eleccións e todo o apunta a que volverá ser escollido.

Continuidade

A idea xeral que se nota nos pósitos é da continuidade, e parece que se repetirán moitos

Hai casos especiais. Por exemplo en Fisterra non hai eleccións porque se presentaron o mesmo número de representantes que haberá na xunta de portavoces. Deste xeito, todo seguirá igual no pósito fisterrán, con José Manuel Martínez Escarís, Manolote, ao mando.

No caso de Muros só se van facer eleccións en Marisqueo a pé en Artes menores. Tamén en Muros prevese continuidade pois Daniel Formoso Moledo xa entra directamente na Xunta por ser o único bateeiro que se presentou, e todo parece que vai seguir igual.

Novas relacionadas

Comentarios