Martes. 19.03.2024
El tiempo

"Con esta aposta pola Psicoacústica podemos mellorar a capacidade auditiva en entornos ruidosos do 90% dos clientes"

"Con esta aposta pola Psicoacústica podemos mellorar a capacidade auditiva en entornos ruidosos do 90% dos clientes"
Equipo de OeMáis Cee con Christoph Schnitzler, instalador do aparato de Psicoacústica Equipo de OeMáis Cee con Christoph Schnitzler, instalador do aparato de Psicoacústica Implantando un Sistema de Psicoacustica ACAM en OeMais Cee Implantando un Sistema de Psicoacustica ACAM en OeMais Cee “O gran cabalo de batalla dos centros auditivos é axudar e entender mellor en entornos ruidosos. E ás veces falamos de cifras tan importantes coma estas e non o cremos, pero é certo que coa nova máquina podemos mellorarlle a capacidade de oír e escoitar a un 90% da xente”. O fala é Lucas Fernández, responsable dos Centros Auditivos Oe+ (antes Nordés), valorando a súa nova adquisición. Trátase dun equipo de Psicoacústica ACAM, un sistema dos que apenas hai 11 instalados entre España, Italia e Portugal, como refrenda o mestre e distribuidor do produto da casa alemana Acousticom en España, Christoph Schnitzler. Unha nova demostración da aposta pola vangarda tecnolóxica deste centro costeiro. que conta con centros tamén en Lalín e Ordes. “Non hai outro camiño que apostar pola excelencia para intentar facer as cousas cada día mellor”, razoa despois deste importante investimento económico. Pero é que a cousa o merece, como comprobaba de primeira man un dos primeiros clientes en probar a Psicoacústica. J.R.L.S., de 57 anos levaba 8 anos usando un audífono o oído dereito, e tras usar o ACAM mellorouse a comprensión da palabra de máis do 50% en entornos ruidosos. Por que é tan efectiva a Psicoacústica? “É un salto cualitativo moi moi importante, porque é unha personalización extrema da adaptación, intentando adecuar á sonoridade dos audífonos ao gusto do cliente”, explica Lucas. “Nunha audimetría normal, cando unha persoa ten unha perda de oído, fanse unhas probas para identificar o grao de perda, e en base a esa perda prográmase un audífono cunha potencia de saída, e faise unha ecualización, en base a un método prescriptivo, en base a unhas fórmulas estandarizadas para todo o mundo. Agora, coa Psicoacústica vaise un paso máis aló, un paso de xigante, e o que se pode ofrecer ao cliente, segundo esa perda, axustámola dun xeito máis fino para que sexa máis confortable. Se a ti che dou unha perda do 50%, pode ser que eu me sinta máis cómodo cun incremento de intensidade de 35 dBs e ti coa mesma perda auditiva, prefiras unha intensidade de 37dBs. Son pequenas variacións, pero en todo o rango de audición significa moito. Deste xeito, agora cóntase co cliente en todos os pasos do proceso, o que repercute nunha mellora de comprensión na vida diaria e, sobre todo, en entornos ruidoso, poder entender cada palabra e estar máis cómodo”. O Grupo Oemáis irá citando así a pacientes das tres clínicas (pois o aparato é portátil), comezando polos clientes antigos. “Non só afecta aos novos clientes se non que sobre os clientes que xa están adaptados, teñan o nivel de satisfacción que teñan, poder facerlle esta proba é un novo paso. De feitos, os primeiros son os actuais clientes”, sinala Lucas. “Pero ademais de satisfacer aos nosos clientes, tamén o facemos pensando neses posibles pacientes que mercaron os seus audífonos noutros centros ou ópticas e aínda non están de todo satisfeitos co seu rendemento. Poderemos mellorarlos na maioría dos casos sen ter que cambiar os seus audifonos”. Unha nova demostración de vangarda tecnolóxica na Costa da Morte, cun equipo que non se ve nin nas grandes cidades do país.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/oe-ou-a-vangarda-en-materia-auditiva-dende-cee-para-toda-espana/

Comentarios