concellocoristanco.gal, outro concello con apelido galego na rede
07:57 09/12/14
Nós xa o temos operativo, e por Coristanco, facenco caso das demandas da oposición, veñen de estrear o dominio www.concellocoristanco.gal. Se ben o Concello bergantiñán puido terse adiantado no programa Pioneiros, esperaron á fase aberta para activalo.
En todo caso, valoramos a aposta polo dominio galego de todos os concellos da volta, tendo en conta que por agora só uns poucos como Carballo ou Ponteceso xa teñen apelido galego.
Novas relacionadas
- Xa está operativo o quepasanacosta.gal.
- Carballo.gal: Carballo xa ten apelido galego en internet.
- Ponteceso, primeiro concello costeiro entra no proceso Pioneiros para conseguir o .gal.
- Por fin un dominio e un dicionario de sinónimos en galego.
Fonte
- Concello de Coristanco.